Lalín aposta polo marrón
O Concello de Lalín pon en marcha unha campaña pola reciclaxe de residuos orgánico

Eu son do marron. / Cedida
Co obxectivo de animar á poboación de Lalín a separar o lixo orgánico, o Concello de Lalín inicia unha ambiciosa campaña que abarca, desde a implementación de equipamento, ata a formación ou a sensibilización en materia de residuos orgánicos e compostaxe.
Para o ámbito doméstico repartiranse 1.200 cubos de biorresiduos. Nas rúas contarán con 150 colectores con fechadura e, por outra banda, equiparase a veciñanza con rolos de bolsas compostables, tanto de uso doméstico, coma para grandes xeradores.
Tanto no rural como no centro urbano —naqueles casos en que o edificio ou a casa conte cunha parcela—, tamén se poderán solicitar compostadores e, por tanto, realizar a xestión da materia orgánica de maneira directa.
Lalín Recicla será a marca baixo a que se desenvolverá a campaña 'Eu son do marrón', destinada á información e sensibilización de todas as idades sobre a reciclaxe de orgánicos. Prevense accións a pé de rúa, divulgación en centros escolares, reparto de materiais promocionais, etc.
Cubos e composteiros poderanse solicitar no Departamento de Medio Ambiente e recollerse no propio Concello de Lalín.
Lalín aposta polo marrón
Lalín aposta polo marrón- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- El emblemático Hotel Bahía de Vigo renueva su imagen: adiós a los azulejos azules y más de 5,4 millones de inversión
- Retenciones en Vigo: varios autobuses de turistas portugueses complican el tránsito en Beiramar
- El ourensano Diego Fuentes, futuro 'copadre': «Pensé que no tenía por qué ser peor que otro sistema porque al final se trata de conocer a alguien con quien establezcas una afinidad»
- ¿Por qué conviven vecinos y huéspedes en el Hotel Bahía de Vigo?
- Villa Elisa ya es propiedad municipal
- Punto y final a la burla de Cerdedo