O Concello de Cangas dá un paso máis na recuperación das Naves de Córdoba
O proxecto revitalizará o fronte marítimo da vila

Infografía do exterior das Naves de Córdoba. / FdV
O Concello de Cangas continúa avanzando na recuperación das Naves de Córdoba, situadas na esplanada de Ojea, co obxectivo de revitalizar o fronte marítimo, recuperar a memoria industrial e devolverlle vida e uso público a un espazo emblemático da vila.
O goberno local vén de presentar o proxecto básico de rehabilitación, un documento solicitado por Costas do Estado como paso previo para a tramitación da concesión administrativa. Este trámite permitirá seguir avanzando mentres non se acada a desafectación definitiva das naves, paso co que o Concello aspira a que pasen a formar parte plena do patrimonio municipal.
A aceptación da concesión considérase un mal menor estratéxico, xa que abre a porta a optar a subvencións e fondos públicos que, doutro xeito, non poderían solicitarse. O investimento estimado supera os tres millóns de euros, unha cifra difícil de asumir unicamente con fondos propios.
O goberno local quere convertir un símbolo da historia industrial coma este nun espazo adaptado ás necesidades da sociedade actual
O proxecto das Naves de Córdoba non só busca conservar un símbolo da historia industrial de Cangas, senón tamén recuperar o esplendor destas edificacións, transformadas e adaptadas ás necesidades da sociedade actual. A súa rehabilitación permitirá crear un espazo versátil e polivalente, preparado para acoller actividades culturais, sociais e asociativas, ademais de eventos e encontros comunitarios.
Ao mesmo tempo, o Concello quere poñer en valor dentro das propias naves o pasado marítimo, pesqueiro, conserveiro e mariscador de Cangas, así como a súa estreita relación co mar ao longo da historia. Este proxecto pretende tamén difundir e promover o respecto polo medio ambiente e polo medio mariño, integrando a memoria e a sustentabilidade nun mesmo espazo vivo e aberto á cidadanía.

Interior das naves. / FdV
Con esta actuación, o Concello reafirma o seu compromiso coa recuperación do fronte marítimo e coa posta en valor do seu patrimonio histórico, ofrecendo á veciñanza un novo punto de encontro contemporáneo, funcional e con identidade propia.
A nova vida das naves

Así luciría unha das fachadas das naves, ubicadas na esplanada de Ojea. / FdV
O arquitecto encargado do proxecto de rehabilitación das Naves de Córdoba, Rodrigo Currás, estivo presente no acto de presentación da proposta. Tal e como explicou, as instalacións están deseñadas para cumprir cun uso ligado ao medio mariño sen deixar de lado a vida cotiá da veciñanza de Cangas.
Así, as infografías difundidas amosan unha pequena aula e outro espazo que se podería destinar á organización de obradoiros, cursos ou exposicións. Tamén estaría contemplado o deseño douta estancia para acoller actuacións musicais.
En canto a duración das futuras obras de construcción das renovadas Naves de Córdoba, o arquitecto é cauto e calcula que poderían tardar sobre ano e medio.
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- Calamar, pota, potón: ¿Quién pesca el qué, dónde y en qué condiciones?
- Mueren una mujer de 51 años en un accidente de tráfico en Muíños y su marido tras recibir la noticia
- Una odontóloga venezolana y su marido ingeniero hacen cola en el comedor social de Vigo al no poder convalidar sus títulos
- Galicia, entre las comunidades que permiten a más alumnos de ESO graduarse con asignaturas no superadas
- El doctor Pintado Albo, el ginecólogo que trajo al mundo a miles de vigueses y al primer 'in vitro'
- Un taxista de Vigo acepta dos años de cárcel por agresión sexual a una clienta
- Quiebra la excontrata gallega de centros logísticos de grupo Inditex