Chega a Redondela o colector marrón para reciclar os residuos orgánicos
A instalación dos novos colectores realizarase ao longo do mes de decembro nas rúas do municipio

Presentación do colector. / Cedida
O Concello de Redondela ven de presentar a campaña do colector marrón, a quinta fracción, que ten como uso exclusivo a recollida de residuos orgánicos. Este novo depósito, que ten a particularidade de estar pechado, implantarase nas rúas do concello no mes de decembro. Case a metade do lixo que se recolle son residuos orgánicos, por iso é moi importante que toda a veciñanza se sume a esta nova campaña e recicle a orgánica xerada diariamente nas vivendas.
Segundo comentou a alcaldesa durante a xornada de presentación «preténdese alcanzar os obxectivos e criterios de reciclaxe marcados pola Unión Europea e facer de Redondela un concello máis sostible».
O Concello comezará a instalar o colector marrón na maior parte das zonas urbanas do municipio, co obxectivo de fomentar a recollida selectiva da materia orgánica e avanzar cara a unha xestión máis sostible dos residuos.
Este colector permanecerá pechado para garantir que o material recollido sexa axeitado para o seu tratamento e posterior conversión en compost. A presenza de residuos impropios pode inutilizar todo o contido, polo que se pretende evitar que unha soa achega incorrecta estrague o esforzo colectivo da veciñanza.
Desde o Concello lembran a importancia de facer un uso responsable do colector marrón e de depositar nel unicamente os restos orgánicos permitidos, contribuíndo así a un municipio máis limpo e sostible.

Durante as vindeiras semanas van a realizarse accións informativas a pé de rúa para dar a coñecer o funcionamento. / Cedida
Durante as vindeiras semanas van a realizarse accións informativas a pé de rúa para dar a coñecer o funcionamento desta nova práctica de reciclaxe e para que a veciñanza poida darse de alta na campaña e recoller a súa chave e kit de benvida. As persoas interesadas en sumarse ó voluntariado marrón que non poidan asistir ás accións a pé de rúa, poden rexistrarse na oficina de Urbaser, ubicada en rúa 8 de Marzo nº6, ou a través da solicitude online. Desde as redes sociais do Concello informarase de novas datas, localizacións e horarios das próximas accións.
Desde o Concello faise un chamamento especial á colaboración de grandes xeradores de orgánica. Nas próximas semanas van a dar comezo as visitas porta a porta a establecemento de hostalaría e comercio que teñen como principal obxectivo informar da posta en marcha deste novo servizo de recollida.
Campaña de Compostaxe Doméstica
En paralelo, vai a estar activa a campaña de compostaxe doméstica para as zonas rurais. Mediante este programa, a veciñanza que resida nunha vivenda illada e que conte cunha parcela ou horta, dun mínimo de 25m2, pode solicitar un composteiro individual ben chamando ao teléfono do Concello 986 400 300 ou a través da solicitude online.
Coa colaboración da veciñanza e dos grandes xeradores de orgánica búscase alcanzar unha Redondela máis sostible!
- Homicidio en la estación de autobuses de Vigo: «Llama a la Policía que mataron a Roberto, está lleno de sangre»
- Pide ayuda para encontrar un sobre con dinero que perdió en Cambados
- La Xunta niega la jubilación a un profesor de Vigo con una depresión «irreversible» diagnosticada por tres especialistas
- Las gallinas de los corrales de 40 concellos de Galicia, confinadas para frenar la gripe aviar
- Declarar las capturas de recreo, obligatorio hasta si no se pesca
- Cinco familias demandan por acoso escolar al Compañía de María de Cangas
- Pesar en Silleda por la muerte de Vicente Dacosta a los 41 años
- El hostelero investigado por el caso del agua contaminada con sosa cáustica: «El problema vino de la botella»