Música, oficios relixiosos e fogos de artificio para festexar os Dolores
M.G.
A vila termal de Cuntis prepárase para celebrar, as súas tradicionais Festas das Dores. Durante a fin de semana, as rúas encheranse de música, cun programa de actividades pensado para veciños, veciñas e visitantes de todas as idades.
As celebracións darán comezo o sábado 20 de setembro ás 20.00 horas co pasarrúas a cargo do Grupo Folclórico Hai que Roelo. Xa entrada a noite, ás 22.00 horas, terán lugar as actuacións de Cantos da Terra, Vila Mariachi e o grupo D´Noche.
O ambiente festivo continuará o domingo 21, cando a música volverá ser protagonista desde primeiras horas. Pola mañá, as rúas espertarán co pasarrúas e a alborada da charanga Alambique, mentres a Banda de Música Municipal de Silleda tocará na Praza das Árbores cun concerto previsto para as 13.00 horas. Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas, repetirán actuación tanto a banda de Silleda como o Grupo de Música e Baile Tradicional de Cuntis, achegando sons e danzas da tradición galega.
Ás 19.00 horas, a Coral Cantares das Burgas ofrecerá un recital na igrexa parroquial, que servirá de preludio á misa solemne das 20.00 horas. Tras o acto relixioso, terá lugar a tradicional procesión polas rúas do centro histórico, culminando cun espectáculo de fogos de artificio que iluminará o ceo nocturno.
Para poñer o broche final, a festa rematará cunha nova sesión musical a partir das 22.00 horas, onde volverán subir ao escenario a Banda de Música de Silleda e a charanga Alambique.
- «Sin calefacción estamos todo el año a 21 ºC»
- Descarrila un tren de mercancías cargado de toneladas de acero en As Neves
- Mercadona denuncia la venta desde Bueu de pescado que debía destruirse
- Los dueños del colegio Atalaya deben devolver 180.000 euros que les prestaron 5 docentes por hacerlos indefinidos
- El primer ‘coliving’ de la ciudad estará en Bouzas y tendrá gimnasio y piscina
- ¿Cuál es el mejor día para ver las luces de Navidad de Vigo? Estos son los de mayor y menor afluencia
- La seta que quería ser sombrero mexicano
- Mueren en la misma semana los padres de Mari Carmen, la tripulante desaparecida en el “García del Cid”