A Xunta impulsa case 3 millóns de metros cadrados de solo empresarial en Pontevedra
A nivel galego, estanse a tramitar arredor de 8,5 millóns de m2

Polígono industrial A Granxa, en O Porriño / Marta G. Brea
A industria precisa de recursos humanos, tecnoloxía e investimentos para medrar en Galicia, así coma de espazo físico destinado á súa actividade. Dende a Xunta de Galicia sábeno e por iso, a través da Sociedade de Xestión do Solo de Galicia (Xestur), organismo dependente da Consellería de Economía e Industria, están levando a cabo diversas actuacións que permitirán desenvolver arredor de 8,5 millóns de metros cadrados de solo industrial en toda a comunidade, dos que preto de tres atópanse na provincia de Pontevedra.
Actualmente, algúns dos proxectos que se están poñendo en marcha en Pontevedra son o do parque empresarial de Toedo (A Estrada), Fragamoreira en Poio; a ampliación do polígono do Campiño; o parque de Louredo (Mos-Redondela); a ampliación do parque empresarial do Pousadoiro (Vilagarcía) ou a ampliación da MI da PLISAN (Salvaterra-As Neves).
Ademais, tamén se está a tramitar o proxecto de urbanización do polígono industrial de Lalín 2000 e o proxecto de reurbanización da Central de Transportes e Terminal Intermodal de Ponte Caldelas.
O Goberno autonómico ten clara a súa estratexia de política industrial. A súa misión é facilitar o asentamento de novas empresas en Galicia e ampliar as que xa están na comunidade, fixando industria e creando emprego local. Para iso, a Xunta está a poñer todos os medios ao seu alcance para dar resposta ás necesidades do tecido empresarial. Por exemplo, ofrece solo industrial alí onde se pode, apoia os polígonos empresariais galegos e abre diversas liñas de axuda.

A conselleira Mª Jesús Lorenzana reúnese cos empresarios do polígono de Toedo, en A Estrada (Pontevedra). / Bernabe / Javier Lalin
Respaldo ao tecido industrial: o caso de Deza
A provincia de Pontevedra é a segunda provincia galega con maior número de polígonos e parques industriais. A meirande parte están situados no sur, entre os concellos de Vigo, Mos e O Porriño. Na zona norte atopamos polígonos como o de Lalín 2000, cuxa cuarta fase de urbanización está en trámite.
«É unha demanda existente hai anos e ten como principal obxectivo evitar que haxa empresas locais que teñan que irse a outros lugares para seguir medrando e, ao mesmo tempo, poder dispoñer de solo suficiente para brindarllo a proxectos emprendedores ou para captar empresas foráneas que veñan a Lalín a xerar postos de traballo e riqueza», declara Chus Iglesias, xerente da Asociación de Empresarios de Deza (AEDEZA), ao respecto da nova fase.
Para Iglesias, o impulso autonómico ao tecido industrial é clave: «Os polígonos empresariais son espazos vivos que necesitan inversións constantes para modernizarse e poder ofrecer ás empresas as condicións idóneas para que poidan ser o máis competitivas posible. E sen apoio público, en moitas ocasións é complicado coordinar e acometer investimentos que responden a un interese global». Actualmente, preto de 70 empresas asociadas beneficiáronse das axudas postas en marcha pola Xunta para a mellora da seguridade, a competitividade e a obtención de certificacións, selos ou marcas de calidade.
«Os polígonos empresariais son espazos vivos que necesitan inversións constantes para modernizarse e poder ofrecer ás empresas as condicións idóneas para que poidan ser o máis competitivas posible»
Os resultados constatan a relevancia deste tipo de accións: «Como asociación, desde a AEDEZA podemos facer un balance xeral positivo, porque hai unha ampla diversidade de liñas de axuda que abranguen desde a mellora da maquinaria, a dixitalización, a modernización de procesos, a implantación de tecnoloxía ou a optimización da eficiencia enerxética».
Así, co apoio da Xunta, os empresarios de Deza, ao igual que os doutras zonas galegas, afrontan os retos e necesidades, «que siguen sendo moitas», da súa actividade. Por exemplo, a búsqueda de man de obra cualificada e «axustada ás necesidades específicas de cada posto». Neste sentido, explica Chus Iglesias, dende AEDEZA «desenvolvemos unha labor importante en colaboración coa Xunta de Galicia a través dos distintos programas de formación e empregabilidade, como son os Programas Integrados de Emprego (PIE), en cuxa execución podemos presumir de estar cada ano entre as asociacións con mellores índices de inserción laboral de toda Galicia».
Liñas de axudas
Así as cousas, a Consellería de Economía, presidida por Mª Jesús Lorenzana, dispón de diferentes liñas de apoios ao tecido empresarial e industrial galego. Xusto este lunes, 22 de setembro, o Consello da Xunta deu conta da resolución da primeira orde de axudas enfocados ao incremento da competitividade das áreas empresariais da comunidade. Dotada con máis dun millón de euros, beneficiará a un total de 15 solicitantes, dos cales cinco están ubicados na provincia de Pontevedra.
Outra liña de axudas concedida este 2025 foi a IN519B, enfocada á mellora das infraestruturas dos parques empresariais galegos. Debido ao alto volume de demanada, aumentou o seu crédito ata os 5,6 millóns de euros, duplicando a cifra inicial. Foron concedidas 73 achegas, que beneficiaron a 16 áreas empresarias da provincia de Pontevedra.
- Marruecos recupera el abastecimiento de almeja fina y se aprovecha de la crisis del sector marisquero gallego
- Casi un tercio de la población ocupada que vive en el rural gallego necesita irse a las ciudades para trabajar
- Rafael Louzán se pronuncia sobre las opciones de Vigo para el Mundial 2030, a pocas semanas del examen de la FIFA
- Un perro muerde a una vecina de Navia cuando protegía a su perra del ataque: Eira huyó pero apareció tras tres días perdida
- Muere un hombre en un atropello en Cambados
- Casi 17 años de prisión para el hombre que intentó quemar viva a su expareja en Vigo
- Reclaman los recibos del agua de diez años a 200 vecinos de Gondomar bajo amenaza de corte de suministro
- La gran fiesta de Portugal que cumple 200 años a media hora de Galicia: seis días de música, fuego y tradición