Cuntis acelera motores para o VIII RallyMix Vila Termal
A proba será puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de RallyMix

Saída dun dos participantes da edición de 2024. / Escudería CTV
M. González
Os apaixonados do motor xa teñen marcada no calendario a oitava edición do RallyMix Cuntis Vila Termal, unha das probas máis salientables do automobilismo galego. Organizada pola Escudería Cuntis Vila Termal, A competición, puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de RallyMix, desenvolverase entre hoxe e mañá.
As actividades comezarán hoxe mesmo, ás 18.00 horas, coas verificacións técnicas e o recoñecemento do percorrido, paso imprescindible para que os pilotos preparen a xornada oficial con todas as garantías.
O sábado 20 concentrará a emoción da carreira. A partir das 8.30 horas darase a saída á primeira pasada, á que seguirán outras tres consecutivas, definindo a clasificación final. A xornada pecharase coa entrega de premios e trofeos ás 21.00 horas, coroando un día de intensa acción automobilística.
A presentación oficial do evento da pasada fin de semana, contou coa participación de Manuel Campos, alcalde de Cuntis; Ricardo Martínez, deputado de Novas Tecnoloxías e Contratación da Deputación de Pontevedra; Isabel Couselo, directora territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Mocidade en representación da Xunta; e Antonio Rodríguez, presidente da Federación Galega de Automobilismo (FGA).
Cuntis prepárase así para unha fin de semana chea de velocidade e espectáculo, reafirmando o RallyMix como cita imprescindible para afeccionados e profesionais.
- Crimen en Ponteareas: detenido un hombre por presuntamente matar a su madre octogenaria
- Una joven denuncia una agresión sexual en Vigo por parte de cinco hombres
- Nudistas en la playa de Barra increpan con aplausos a quienes utilizan el bañador
- Investigan la muerte de un hombre de 47 años tras precipitarse de un quinto piso en Baiona
- Eduardo Vieira Montenegro, el niño de la Ribeira nº 33
- «El Vigo Vertical será muy importante en 2027, haremos unas rampas desde el estadio de Balaídos a la rotonda del barco en Coia»
- La Xunta exige a Bueu la devolución de los 700.000 euros del pabellón de Beluso y el Concello está dispuesto a llegar a los tribunales
- Dimite el asesor de Rafa Domínguez en la Diputación de Pontevedra a raíz de su polémico vídeo en TikTok