Ponte Caldelas viaxa arredor do mundo
A cita máis destacada da comarca regresa con pratos e bebidas internacionais, concertos e queimadas

Momentos de edicións anteriores da festa. / FdV
Ao longo dos séculos, os galegos cruzaron océanos deixando a súa pegada en países de todo o mundo. Para celebrar ese espírito, Ponte Caldelas acolle un ano máis unha das citas máis esperadas do verán: a Festa Gastronómica do Emigrante, que este 2025 alcanza a súa oitava edición consolidada como o evento culinario máis destacado da comarca.
A Alameda da vila transformarase os días 11, 12 e 13 de xullo nun auténtico escaparate internacional, con sabores chegados de oito países que foron destino habitual da emigración galega. Tras o éxito das últimas edicións —a do ano pasado superou os 20.000 pratos servidos—, a festa promete repetir cunha oferta gastronómica e musical que convida a viaxar sen saír de Ponte Caldelas.
Sabores e música do mundo

Momentos de edicións anteriores da festa. / FdV
A fórmula é sinxela e irresistíbel: por 6 euros, o público poderá degustar un prato típico e unha bebida de países tan variados como México, Brasil, Venezuela, Alemaña, Bélxica, Italia, Turquía e Galicia. Cada stand representa unha parte da nosa historia migratoria e ofrece pratos emblemáticos das súas cociñas nacionais. Ademais, os hostaleiros participantes incluirán propostas adicionais e bebidas típicas para quen queira completar o percorrido culinario.
Tamén haberá receitas galegas, perfectas para aqueles que prefiren a gastronomía de sempre. Panadería, doces e empanadas tamén terán o seu espazo grazas á presenza de panadeiros locais que levan anos dando sabor á festa.
A Festa Gastronómica do Emigrante non é só unha cita culinaria: é tamén unha celebración da cultura. Por iso, cada xornada estará amenizada por actuacións musicais en directo, que encherán a Alameda de ritmo.
O venres 11, a partir das 21:30 h, o grupo Son das Tabernas porá a banda sonora á primeira noite, creando un ambiente de romaría e boa compañía. E como manda a tradición, ás 00:00 h, celebrarase a queimada con conxuro, con reparto gratuíto para todos os asistentes, un dos momentos máxicos da festa.
O sábado 12, a música arranca xa ao mediodía coa sesión vermú a cargo de Acorde Son do Verdugo, perfecta para acompañar os primeiros pratos do día. Pola noite, desde as 21:30 h, será a quenda dos Mariachis Perla de México. Como colofón, repetirase a queimada con novo conxuro á medianoite.
O domingo 13, último día da festa, pecharemos en alto coa actuación do grupo Sobre Todo Ella durante a comida, poñendo o broche final a unha fin de semana para lembrar.
Con máis de 1.200 cadeiras e numerosas mesas, a organización garante comodidade para todos os visitantes. A Alameda converterase nun punto de encontro para familias, veciños e turistas que se acheguen a desfrutar dun ambiente acolledor, seguro e cheo de vida.
Esta festa é unha homenaxe á nosa identidade migrante, unha celebración da diversidade e un recoñecemento aos milleiros de galegos que cruzaron fronteiras sen esquecer nunca as súas raíces.
- Detenido un conductor de madrugada por saltar por las escaleras de Joaquín Loriga en una persecución policial
- «Cosas que no tienen sentido en Vigo»: la retranca de este creador de contenidos que conquista las redes
- Ataque de un hombre a varias mujeres en la avenida de Marín, en Cangas
- Volotea cancela la venta de 32 rutas para este invierno
- Dos vecinos de Redondela encuentran una bolsa con 300 euros y se la devuelven a una peregrina: «No lo dudaron ni un segundo»
- Crecen en Vigo las demandas de padres divorciados que van a la vía judicial para liberarse de pagar la pensión a sus hijos
- El mercado de la compraventa de vivienda en Vigo confirma su frenazo: las transacciones siguen en caída libre ante unos precios disparados
- El calor se ceba con Cíes y Ons: cinco urgencias atendidas en menos de media hora en el Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia