O Lacón celebra as súas vodas de prata
A cita gastronómica, enmarcada dentro das Festas de Verán de Silleda, acada un cuarto de século consolidada como un dos referentes gastronómicos das comarcas de Deza e Tabeirós

Acto de presentación da Festa do Lacón. / FdV
M. Rodríguez
Silleda converterase, un ano máis, nun dos principais focos festivos da comarca durante o mes de xullo coa celebración das súas tradicionais Festas de Verán, que este 2025 chegarán cun atractivo moi especial: a conmemoración do 25º aniversario da Festa do Lacón.
Será esta noite cando teña lugar a esperada XXV Festa do Lacón, unha cita que desde 1999 rende homenaxe a un dos produtos estrela da cociña galega. A edición deste ano superará todas as previsións: poñeranse á venda 315 lotes de lacón, cocido ou asado, pensados para grupos de cinco comensais, o que permitirá dar servizo a máis de 1.500 persoas. Cada lote incluirá, ademais, pan, viño, queixo, marmelada de marmelo, rosquillas e café, por un prezo de 90 euros.
Ao longo dos anos, a Festa do Lacón consolidouse como unha auténtica sinal de identidade para Silleda e como un referente turístico e gastronómico que, ano tras ano, segue gañando peso dentro do calendario festivo galego.

Asistentes á cita gastronómica de 2024. / Bernabé/Javier Lalín
O ambiente festivo arrancará ao mediodía cun pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Aires do Trasdeza, seguido da actuación dos Mariachis Sol de Galicia na Praza Juan Salgueiro, epicentro da celebración. Pola tarde, a música continuará coa charanga Os Atrevidos, a Banda Xuvenil da EMUSI, e xa pola noite, coa verbena da orquestra Marbella, Discoteca Pirámide Xl e o DJ Kintana.
Na xornada do sábado, a sesión vermú estará amenizada pola charanga Chourizo Criollo. Xa pola tardiña, a Banda de Música de Silleda dará o seu particular concerto, xunto coa Sociedad Instructiva Unión Musical de Montserrat. A verdena da noite correrá a cargo de La Misión, e DJ Carlos López e Dj Kike Varela.
O domingo 13, como broche final, haberá pasarrúas coa Banda de Música Municipal de Silleda e a Recreativa e Cultural de Bandaire, e celebrarase a tradicional misa solemne cantada pola Coral Polifónica Trasdeza. Ás 18.00 horas, espectáculo familiar con Patty Diphusa, e pola noite, verbena con Orquestra Finisterre e Dj Pacheco. Ás 00.00 horas, como colofón, unha gran tirada de fogos artificiais que poñerá fin a catro días de celebración.
Cortes de tráfico
Desde o pasado martes ás 15:00 horas e ata a madrugada do luns, quedará pechada ao tráfico a rúa Pintor Colmeiro, onde está prevista a instalación dos postos e atraccións e onde se celebrarán as verbenas. O corte deste tramo adiantouse precisamente para a realización das inspeccións técnicas das atraccións.
Para garantir a seguridade nesta zona, tamén se pecharán durante toda a fin de semana ao tráfico as rúas Venezuela e Alonso Paz, a partir das 18:00 horas.
As rúas Antón Alonso Ríos, Cartaxena e Castrelo tamén permanecen pechadas dende onte á tarde, día no que arrancaron as festas co chupinazo, concerto de Distrito Dezaseis e a verbena con Panorama City. Tamén se volverán a cortar estes tramos para a celebración da Festa do Lacón; o sábado dende as 16:00 horas, e o domingo pola tarde para a celebración do concerto das bandas.
Tamén a rúa Progreso se verá afectada, co peche ao tráfico polas tardes para a celebración de distintas actividades. A avenida do Parque tamén se pechará o domingo para o concerto das formacións bandísticas.
- Bañeras de mármol y piezas de la balaustrada de hace un siglo entre los restos del derribo del antiguo balneario do Outeiro: la Xunta pide a la Policía Autonómica que acuda al inmueble
- Fallece con cinco días de diferencia el matrimonio centenario de Nigrán tras 78 años de casados
- La Policía Local de Vigo rescata a una joven arrastrada por la corriente unos 50 metros en la desembocadura del Lagares
- Murió tras un error de diagnóstico en las Urgencias del hospital de Ourense después de un accidente en una ambulancia
- Así afecta la presencia de E. coli en las playas de Vigo: esto es lo que pasa si te bañas
- Ya está el calendario escolar 2026-2027 en Galicia: fechas de inicio de curso, vacaciones y claves para la conciliación familiar
- El PP pide responsabilidades al gobierno local por los vertidos en las playas y el «caos en el balizamiento»
- Qué supermercados, tiendas y centros comerciales abren en Vigo este 15 de agosto: todos los horarios