Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cuntis honra a San Bieito de Pereira

Cantos da Terra e Igloo poñerán a nota musical » A cita será mañá, 11 de xullo, festivo local

Convento de San Bieito de Pereira, en Cuntis.

Convento de San Bieito de Pereira, en Cuntis. / FdV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

M. Rodríguez

Cuntis

Recuperadas en 2015 despois de case dúas décadas, as festas de San Bieito integran rituais relixiosos con actuacións musicais, converténdose nun evento que fortalece as raíces e a identidade local de Cuntis. A cita terá lugar na xornada de mañá, e este ano o 11 de xullo será festivo local no Concello, xunto co 18 de agosto -por San Antón-.

Actuacións musicais

Esta noite actuarán Cantos da Terra e Igloo. Será na Praza da Constitución a partir das 22.00 horas.

Esta noite actuarán Cantos da Terra e Igloo. Será na Praza da Constitución a partir das 22.00 horas. / FdV

Mañá pola noite, a partir das 22.00 horas, será o momento no que comecen, na Praza da Constitución, as actuacións musicais. A combinación de Cantos da Terra e Igloo crea unha ponte entre xeracións, entre estilos e gustos musicais, facendo que cada veciño —sexa novo ou veterano— atope o seu lugar. 

Igloo, unha das bandas máis recoñecidas do panorama indie galego, leva máis dunha década subido aos escenarios con letras intensas, guitarras envolventes e unha posta en escena que non deixa indiferente a ninguén. Nos seus temas mesturan melancolía e potencia, emoción e forza. O seu concerto no marco das festas de San Bieito é unha oportunidade única de disfrutar da súa proposta.

Banda de Pop-Rock Igloo.

Banda de Pop-Rock Igloo. / FdV

Pola súa banda, Cantos da Terra leva anos enchendo escenarios con pezas tradicionais, música de raíz e voces que conectan co fondo da nosa cultura. O seu repertorio recolle cantigas populares, romances, muiñeiras e xotas, con arranxos coidadosos e cheos de sentimento.

Tracking Pixel Contents