Chegan os mellores prezos a Bueu

Os comercios da localidade, xunto cos de Cangas e Moaña, liquidarán os seus stocks de tempada cuns costes irresistibles

Cartel promocional da feria.

Cartel promocional da feria. / Fecimo

Bueu

Esta fin de semana, do 4 ao 6 de xullo, traerá consigo unha nova edición da Feira de oportunidades «Bueu Non-Stock» que encherá de importantes descontos á vila de Bueu. O evento abrirá as súas portas o vindeiro venres 4 de xullo en horario de 10:30h a 14:00h e de 18:00h a 22:00h, e prolongarase ao sábado 5 e ao domingo 6 de xullo.

A feira celébrase esta fin de semana no aparcamento de «As Lagoas» (rúa Johan Carballeira) en Bueu. Esta é a mesma ubicación que nas edicións anteriores, e que se volveu escoller pola organización xa que brinda, as persoas visitantes, todas as facilidades para o aparcamento nas inmediacións do lugar

No espazo instalaranse 15 establecementos comerciais de Bueu, Cangas e Moaña que ofrecerán descontos de ata o 80% en sectores como a moda textil e calzado infantil, xuvenil e adulto, xoiería, libraría, deportes, complementos...etc.

Entre as empresas participantes están: Boulevar Libraría Edicións, Cousiñas de Kela, Deportes Oliver, El Rincón de Aria, Eli Miranda, Joyería Perfumería Castro, La Capellana, Makacos, Melena de León, Muy Mía, Nene´s Moda Infantil, Osbs Clothing, Parair Complementos, Pepeluchos e Vicky Moda Infantil.

Cada establecemento participante ubicarase nunha haima individual de 25m2, perfectamente acondicionada e decorada para expor ao público visitante os seus produtos con importantes descontos, creando un espazo moi chamativo visualmente á vez que amplo, agradable e seguro para visitar. 

O evento está deseñado para desfrutar en familia ou individualmente dunha xornada de compras ao aire libre, aproveitando os importantes descontos que o comercio local ofertará aos visitantes. Ademais da experiencia comercial, os visitantes á feira poderán obter regalos directos polas compras realizadas nos comercios e para os máis pequenos do fogar haberá inchables habilitados os 3 días de feira durante o horario de tarde

Dentro do espazo comercial habilitarase unha zona de cantina para que as persoas visitantes poidan deixar a un lado o cansanzo de perseguir descontos no recinto, adicado exclusivamente á exposición e venda, que se habilitarán no aparcamento de As Lagoas

Dende a organización quérese facer unha invitación á toda a sociedade do Morrazo e arredores para que visiten as instalacións do evento e desfruten do comercio local da comarca e arredores. É importante apoiar un sector vital na creación de emprego e riqueza para as vilas da zona e que precisa do apoio da xente máis que nunca. 

O evento, do que se espera unha gran afluencia de público, está organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Bueu (ACIBU), e contará co aval da experiencia de FECIMO neste tipo de eventos (este ano organizará a 20ª edición da Feira de Oportunidades).  

A Feira «Bueu Non-Stock» estará cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da liña de axudas CO300A en apoio ás asociacións de comerciantes e contará tamén co apoio e colaboración do Concello de Bueu

Tracking Pixel Contents