Unha viaxe no tempo dende o corazón de Moaña
A vila revive as súas orixes cunha celebración que mestura historia e tradición

Espectáculo Troula. / Diego Seixo
O núcleo histórico de San Martiño xa se prepara para unha nova viaxe ao pasado. Entre o 27 e o 29 de xuño de 2025, Moaña Antiqua celebrará a súa décima edición, consolidándose como unha das festas medievais con máis personalidade e fondura cultural de toda a comarca do Morrazo.
Unha programación para regresar ao pasado
A apertura oficial da feira terá lugar o venres 27 de xuño, cando os postos do mercado medieval abran as súas cortinas. Os visitantes poderán mercar dende roupa e complementos ata pezas artesás únicas e produtos gastronómicos da terra.
O apartado cultural arrincará coa lectura do pregón a cargo de Antonio Costa, promotor da declaración da igrexa románica de San Martiño como Ben de Interese Cultural. Será ás 21.00 horas, marcando o inicio simbólico da festa.

Pelica de Can. / Pelica de Can
Acto seguido, ás 21.15 h, subirá ao escenario o trío galego Pelica de Can, integrado, entre outros, pola recoñecida especialista en folclore Leni Pérez. Para pechar a noite, o colectivo cultural Salgharitas animará o atrio baixo cunha foliada popular, convidando á veciñanza a participar activamente da festa.
A primeira actuación do sábado será ás 12.45 h, coa actuación da agrupación folclórica Solaina, que traerá á rúa os bailes e músicas tradicionais galegas.
Durante a tarde, as crianzas terán o seu espazo de lecer grazas aos xogos infantís organizados por Vagalume, nun ambiente pensado para a diversión en familia. Xa ás 19.00 horas, a emoción subirá de nivel coas espectaculares xustas a cabalo dos ADOC Cabaleiros de Moaña, unha das propostas máis vistosas da fin de semana.
Antes do serán, o teatro de rúa cobrará protagonismo coa compañía Codia e Miolo, que presentará a peza «Facendo camiño a San Martiño», un percorrido escénico cheo de humor, tradición e simbolismo.

Grupo Mediarea. / Mediarea
Ao caer a noite, será a quenda de Mediarea, un dos grupos emerxentes máis relevantes da música tradicional galega. Co seu espectáculo «Fillos da Virasón», traerán ao escenario unha fusión de raíz e vangarda que os ten levado por toda Galicia.
E para pechar a xornada, á beira da medianoite, Troula sorprenderá co seu impoñente espectáculo «SubUmbra»: lume, criaturas fantásticas, zancos e percusión mestúranse nun desfile de sombras que deixará pegada.
A última xornada da feira comezará cunha ruta guiada polo núcleo histórico organizada por A Illa dos Ratos, que partirá ás 10.30 horas para descubrir os segredos e recunchos da Moaña máis antiga. A música tradicional volverá soar ás 12.45 h coa actuación da agrupación folclórica Charaviscas de Domaio, seguida das impresionantes exhibicións de cetraría de Falcóns de Galicia, programadas para as 13.30 h e as 18.30 h, nun espectáculo visual que conecta co mundo medieval.

Nabiza Girl por Isabel Risco. / Cedida
Como colofón final, ás 19.30 h, representarase a obra teatral «Nabiza Girl II: O estraño caso da cultura minguante», protagonizada por Isabel Risco e Alberte Bello. Esta divertida e reivindicativa peza poñerá fin a tres días de festa, historia e identidade popular.
- Marruecos recupera el abastecimiento de almeja fina y se aprovecha de la crisis del sector marisquero gallego
- Casi un tercio de la población ocupada que vive en el rural gallego necesita irse a las ciudades para trabajar
- Rafael Louzán se pronuncia sobre las opciones de Vigo para el Mundial 2030, a pocas semanas del examen de la FIFA
- Un perro muerde a una vecina de Navia cuando protegía a su perra del ataque: Eira huyó pero apareció tras tres días perdida
- Casi 17 años de prisión para el hombre que intentó quemar viva a su expareja en Vigo
- Reclaman los recibos del agua de diez años a 200 vecinos de Gondomar bajo amenaza de corte de suministro
- Muere un hombre en un atropello en Cambados
- La gran fiesta de Portugal que cumple 200 años a media hora de Galicia: seis días de música, fuego y tradición