Unha oferta musical para todos os públicos
Heredeiros da Crus encabezan un cartel no que non faltará a música tradicional e as verbenas coas mellores orquestras de Galicia

Heredeiros da Crus. / Aigiboga
M.G.
Sen dúbida, un dos momentos máis agardados deste San Paio 2025 será o concerto de Heredeiros da Crus. O mítico grupo de Ribeira, que leva máis de trinta anos nos escenarios, segue en plena forma e conectando coa xente dende o primeiro acorde, combinando humor, crítica social e moito rock and roll. A súa actuación será o colofón dunha xornada musical que incluirá tamén o concerto tributo a Frank Sinatra a cargo da Big Band Carlos Barruso.
Aposta pola música tradicional e o talento local
A música tradicional tamén tivo un papel destacado co V Festival de Música Tradicional da Estrada, que contará coa participación da Banda de Gaitas de Barbude, Os Xeitosos de Trazo e o Grupo Folclórico de Santiago de Custodias (Portugal), reforzando o carácter internacional das festa.
Ademáis, a Banda Folk Os Coribantes de Buchabade ofrecerá o seu particular concerto o vindeiro xoves 26, a partir das 22.30 horas na Praza do Concello. Dentro da súa Xira 20 Aniversario, a agrupación de Ponte Caldelas chega á capital estradense para poñer a cantar e a bailar a todos aqueles que se citen na Praza do Concello, nun dos días grandes do San Paio. A banda fará un repaso polo seu amplo repertorio, nun espectáculo que fusiona música e danzas nacionais e internacionais.

Banda Folk Os Coribantes. / Luis Pereiro
Para a xornada do venres está programada a II Ruada na Estrada, con Tequexetéldere e A Ponte Vella (Teo). Ambas as dúas agrupacións citaranse ás 22.30 horas na Praza da Farola para render homenaxe ás nosas músicas e tradicións.
A comisión tamén quixo reservar espazo para a escena musical local e os novos talentos. Deste xeito, o domingo 29, a Porta do Sol acollerá os concertos de G Face, Dr Zaius e Dalia Negra, que se estrearán oficialmente en directo. Unha aposta clara pola música feita na Estrada e polos artistas da contorna, que terán a oportunidade de brillar ante o seu público.
O broche final deste San Paio 2025 chegará esa mesma noite cos fogos artificiais na Cañoteira e a última verbena da man da orquestra Galilea, que marcará o peche dunha semana festiva intensa, variada e marcada, de bo seguro, por unha altísima participación.
As Festas de San Paio 2025 apostan así por unha programación musical que reafirma a A Estrada como un dos epicentros culturais e festivos do verán galego.
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Olvídate de Samil: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- Jennifer Lopez se marcha de Galicia tan diva como llegó
- Un vecino de Madrid alertó a la Policía de Vigo sobre la expulsión de los israelíes de un local por un «posible delito de odio»
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- El pueblo costero en el corazón de Costa da Morte que pocos conocen: un santuario sobre el mar y una cascada preciosa
- Un empresario de Santiago detenido por pertenecer a una organización criminal que defraudó 69 millones de euros con bebidas alcohólicas
- La estafa de la academia Vive Formación supera los 300.000 euros y el centenar de afectados