Recoñecemento aos deportistas locais
O Concello de Poio segue apostando polos premios ao deporte local, dentro dos actos centraisda programación das súas festas patronais na honra de San Xoán

Poio Bike Club. / Cedida
M. González
O deporte volve ocupar un lugar destacado na programación das festas patronais de San Xoán en Poio. O Consello Municipal de Deportes daba a coñecer os nomes dos galardoados cos Premios San Xoán 2025 a pasada semana, uns recoñecementos que poñen en valor o esforzo, a constancia e os éxitos acadados por deportistas e entidades locais ao longo da tempada.
Este ano, os premios principais recaen en Poio Bike Club, pola súa intensa labor de promoción do ciclismo no municipio; Lorena Nieto, na categoría feminina, polos seus destacados resultados a nivel nacional e internacional no piragüismo; e Javi Rodríguez, na categoría masculina, tras consolidarse como xogador profesional na Primeira División da Liga co RC Celta de Vigo.
Xunto aos premios principais, o Consello tamén acordou outorgar mencións especiais a unha ampla representación de deportistas e equipos que veñen desenvolvendo un traballo notable en diferentes disciplinas. A entrega dos galardóns terá lugar o domingo 22 de xuño, coincidindo coa lectura do pregón das festas, que este ano estará a cargo de Pilar Martínez Soto, veciña de O Sartal, na Praza do Concello.
Na categoría feminina, recibirán estas distincións:
- Sabela Martínez, polos seus títulos en campo a través, 800 metros e obstáculos a nivel estatal na categoría sub18.
- Inés Arosa, subcampioa do mundo sub21 en kaiak.
- Carolina Santos Villalón, campioa galega de media maratón.
- Sofía Martínez, xogadora do Poio Pescamar, recentemente convocada pola selección española sub15.
- Candela Baúlo Viñas, campioa autonómica na categoría infantil base.
Pola súa parte, na categoría masculina serán recoñecidos:
- Anxo Filgueira, subcampión de España sub18 en lanzamento de martelo.
- Cristian Fernández Nieto, bronce no campionato mundial de acuatlón.
- Diego Piñeiro, terceiro posto no Mundial de maratón en C1.
- Manuel Expósito, campión galego individual de pickleball.
- Álex Meira, campión europeo nos Transplant Sports Championship.
En canto aos equipos, recibirán galardóns:
Os clubs Atlético Combarro, Combarro Veteranos, Infantil Combarro, os conxuntos xuvenil A, xuvenil B e infantil A do Fútbol Base Poio, o equipo cadete de Saraiba Ximnasia Rítmica e Poio Pescamar, nas categorías biberón, filial feminino e prebenxamín.
Ademais, haberá recoñecementos para a tradicional Subida á Escusa, que este ano celebra o seu 25º aniversario, así como para a escudaría Buxa Motor, e un galardón póstumo para Pablo Hinojar, que fora seleccionador nacional de ximnasia acrobática, en homenaxe á súa traxectoria e contribución ao deporte.
Segundo informa o Concello, os criterios para a elección tiveron en conta factores como a evolución deportiva respecto a anos anteriores, os logros acadados a nivel autonómico, estatal ou internacional, o grao de implicación, a promoción de cada modalidade e o número de licenzas rexistradas.
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Olvídate de Samil: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- Jennifer Lopez se marcha de Galicia tan diva como llegó
- Un vecino de Madrid alertó a la Policía de Vigo sobre la expulsión de los israelíes de un local por un «posible delito de odio»
- El pueblo costero en el corazón de Costa da Morte que pocos conocen: un santuario sobre el mar y una cascada preciosa
- Un empresario de Santiago detenido por pertenecer a una organización criminal que defraudó 69 millones de euros con bebidas alcohólicas
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- JLo deja una entrada por debajo de lo esperado con 13.500 almas