«Queremos que o San Paio sexa unha festa para todos e todas»
“Estamos moi agradecidos pola colaboración por parte das empresas locais, comercio e hostalaría, así como do Concello, Xunta e Deputación”

Gañete -sentado segundo pola dereita- xunto co alcalde e o resto de membros da comisión. / Bernabé
M. González
Póker de festas para Manolo Gañete. Tras dirixir a organización do San Paio nos anos 1991, 2003 e 2024, este será o seu cuarto ano ao fronte, formando parte dunha comisión que aposta por un programa amplo, diverso e inclusivo. Conversamos con él para coñecer os detalles desta edición.
–Cales son os principais retos para este San Paio 2025?
–O gran reto é que sexa unha festa para todas e todos, sen distinción. Sabemos que é imposible agradar a todo o mundo, pero intentamos chegar a todo o público e tamén a todo o concello, non só ao centro urbano
–Con que orzamento contades este ano?
–Este ano manexamos un orzamento duns 190.000 euros. O Concello aporta 60.000, que é unha parte importante. Pero sen dúbida, a principal fonte de ingresos segue sendo o comercio, a hostalaría e as empresas colaboradoras, ás que estamos moi agradecidos pola súa implicación. O petitorio particular funcionou peor do esperado, e seguiremos recollendo aportacións ata o luns ou martes. Contabamos con máis apoio nese sentido.
–As orquestras adoitan ser un dos maiores gastos. Como se está xestionando ese tema?
–Os cachés das orquestras son elevados, pero razonabes. Ofrécenche o espectáculo completo. Orquestras como Galilea, Gran Parada ou Satélites non só teñen un bo prezo, senón que xa levan o seu equipo técnico. Outro tipo de agrupacións poden parecer máis baratas, pero logo os custes de produción (escenario, luces, son...) fan que saian máis caras en realidade.
–Que novidades destacariades no programa deste ano?
–Unha das máis rechamantes é na procesión do día 26, onde, xunto coa Brilat e Os Coribantes, estarán entre 80 e 100 policías locais da 17ª promoción, que se formaron na AGASP. Darán un gran colorido ao desfile. Ademais, o día 27 contarase co acompañamento da Banda Municipal da Estrada e a Banda de Páramos, nun encontro moi especial.
Tamén temos máis escenarios de sesión vermú, coma na zona do Invictus, Fernando Conde, zona de viños ou Praza Martínez Anido. Pola tarde, na zona de viños, haberá concertos de tardeo. Apostamos tamén polos grupos locais, que teñen moito talento e merecen visibilidade. Ge Face será outro dos atractivos destas festas, e por suposto o protagonismo da música tradicional. Por unha banda o V Festival de Música Tradicional da Estrada, coa Banda de Gaitas de Barbude, Os Xeitosos (Trazo) e Grupo Folclórico de Santiago de Custodias (Portugal), e a II Ruada da Estrada con Tequexetéldere e Ponte da Vella.
Outro punto forte será o alumeado festivo, especialmente o arco de 20 metros na Praza do Concello, que será espectacular. E adiantamos o Día do Neno ao 24 de xuño para aproveitar mellor a programación.
– E no apartado musical? Que nomes destacades?
–Teremos un tributo a Frank Sinatra coa Big Band Carlos Barruso que promete ser un espectáculo elegante e diferente. Por suposto, tamén contamos cos Heredeiros da Crus, que sempre levantan o ambiente e non precisan presentación. Outro punto forte será o espectáculo «Camiñantes e Cantantes» da orquestra La Oca Band, con Pili Pampín, Manuel Manquiña e Pepo Suevos. E non podemos esquecer a actuación dos Coribantes, que estou seguro que será outro auténtico espectáculo.
–O pregón tamén promete. Como xurdiu a elección de María Mera?
–Tiñamos que levar un ou dous nomes a unha das nosas xuntanzas para propoñer como pregoeiro ou pregoeira. Cheguei a casa e vin a María Mera co Conde Lequio por Compostela, e pensei nela. Ao día seguinte propuxémola e gustou a todos. Con só unha chamada, aceptou encantada, foi moi amable e predisposta desde o principio. É simpática, próxima e seguro que será unha gran pregoeira para este San Paio 2025.
–Un dos reclamos é tamén o sorteo dunha viaxe a Punta Cana. Cando será?
–Será ao remate dos fogos artificiais, arredor das 00:30 h do domingo 29. Repartíronse 150.000 rifas entre as empresas e os comercios colaboradores. A viaxe pode gozarse en calquera momento do ano, aínda que está contratada para tempada alta.
–Despois de catro San Paios organizados… repetirás no 2026?
–Non é a miña intención. Paseino moi ben organizando, pero tamén é un esforzo grande e o cansanzo deixase notar. Confiamos en que alguén colla o relevo para comezar a traballar canto antes e que o San Paio siga sendo unha das mellores festas de Galicia.
- Rescatan en Vigo a un hombre desaparecido que llevaba 11 días oculto entre rocas en Tombo do Gato
- Multa de 10.000 euros y 3 meses sin licencia para el furtivo de los 800 kilos de pulpo
- El grupo de israelíes expulsado por un hostelero de Vigo: «Le dijimos que estaba manipulado por los medios, que no conoce la verdad»
- Detectan «barbaridades» en las embarcaciones de recreo
- Una asociación pedirá anular judicialmente la concesión de la Medalla de Galicia a Leonor
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- Muere Marta Jiménez, colaboradora de ‘El Hormiguero’, durante un salto base en Huesca con tan solo 34 años
- Las rampas de Gran Vía a Praza América serán semiabiertas y contarán con árboles
El planeta, la salud y la sociedad: las tres máximas de Danone

