San Paio 2025

José Cao García, avogado: «Milleiros de hipotecados ata 2019 poden reclamar cartos»

O avogado estradense José Cao lidera reclamacións contra entidades bancarias e impulsa sorteos con Ferraris, Lamborghinis e McLaren como agradecemento

José Cao García.

José Cao García. / FdV

M. González

Se tes ou tiveches unha hipoteca contratada entre os anos 1984 e 2019, é moi probable que esteas entre os milleiros de consumidores que asumiron uns gastos de formalización que, segundo a lexislación e a máis recente xurisprudencia europea, non lles correspondía pagar.

Durante décadas, as entidades bancarias impuxeron unilateralmente ao cliente a totalidade dos custos asociados á constitución da hipoteca. Estes inclúen os honorarios da notaría, os aranceis do Rexistro da Propiedade, os gastos da xestoría e mesmo os de tasación. A pesar de tratarse de conceptos que benefician principalmente á entidade financeira —por seren esenciais para garantir o cumprimento da súa parte do contrato—, foron os consumidores quen tiveron que afrontar estas cantidades sen opción de negociación.

A relevancia destas resolucións xudiciais é notable: abren a porta á devolución destes importes mesmo en casos nos que a hipoteca xa foi cancelada hai anos. A posibilidade de reclamar mantense viva grazas ao criterio europeo, que fixa o comezo do prazo de prescrición no momento en que o consumidor ten coñecemento da nulidade, e non na data do pagamento.

Os afectados dispoñen agora dunha nova oportunidade para recuperar cartos que, segundo a lexislación vixente e a interpretación dos tribunais, nunca deberían ter saído do seu peto.

Para elo, é preciso acudir a especialistas que nos asesoren no proceso para que as nosas posiblididades de éxito sexan moito maiores. Falamos co avogado estradense Jose Cao acerca desta cuestión, un dos máis activos nas reclamacións contra estes gastos, quen ademáis, conta cunha iniciativa singular para agradecer a confianza dos seus clientes: un luxoso sorteo entre todas as persoas que contraten os seus servizos para reclamar os gastos hipotecarios, unha proposta que busca visibilizar esta causa e darlle un impulso aos dereitos dos consumidores.… 

O avogado sortea entre a súa clientela a pilotaxe de vehículos de luxo.

O avogado sortea entre a súa clientela a pilotaxe de vehículos de luxo. / FdV

Pregunta: Empecemos polo curioso, que me conta dos sorteos dos Ferrari, Lamborguini e McLaren?

Resposta: É o mais chamativo, porque foi único e orixinal, non sabía como agradecer a confianza de tanta xente que ven polo despacho, e ocurreuseme eso, e o que ía ser un, xa levamos catro. Resultou ser una campaña publicitaria inimaxinable. Xente de toda España sigue confiando en nós e entre todos estamos facendo algo grande, levamos recuperados casi millón e medio de euros dos Bancos para os nosos clientes, estamos moi agradecidos, porque a xente sigue confiando en nos.

P: E respecto aos gastos: como saber se somos afectados polas cláusulas abusivas das hipotecas?

R: O 100% dos cidadáns que pediron unha hipoteca ata 2018 tiveron que asumir os gastos hipotecarios, non importa si xa está cancelada, si venderon o piso ou volveron a pedir outra hipoteca despois. Si firmaron a hipoteca, teñen dereito a que o banco lle devolva os cartos.

Temos casos nos que unha hipoteca de 1990, xa cancelada, os clientes recuperaron o que pagaran das facturas cos intereses desde ese ano. Imaxina…35 anos de intereses!

P: Que tipos de gastos hipotecarios son reclamables?

R: Son reclamables os gastos de notaría, de rexistro, de xestoría e de tasación.

P: Como é o proceso de reclamación, qué tipo de documentación é necesaria?

R: Unicamente precisamos que o cliente nos facilite a copia da escritura do préstamo hipotecario e as facturas que teña de notario, registro, gestoría e tasación. Como dicíamos, o cliente recupera o que pagou desas facturas e os intereses dende a fecha que asinou a escritura ata a data na que salga a sentencia. Soe ser en torno a 1.500 euros.

P: Cales son os custes da reclamación?

R: A reclamación para os clientes é gratuíta xa que é o banco resulta condenado en custas e asume os nosos honorarios. É decir, si o cliente recupera 1.500 euros, esos 1.500 euros son íntegramente para eles. Se calquera persoa cre que pode estar afectada, animámola a que non perda a oportunidade. Que nos consulte e estaremos encantados de asesorarlle en todo o proceso.

Tracking Pixel Contents