Innovación, prezo e compromiso ao servizo da mobilidade
Modernidade, prezos competitivos e compromiso social definen a filosofía dunha rede de gasolineras galega en constante crecemento

Un dos camións de suministro de SBC Gasolineras. // Cedida / FdV
M. González
SBC Gasolineras é moito máis ca unha rede de estacións de servizo. É un modelo de negocio baseado na innovación, na atención ao cliente e no compromiso coa igualdade e o desenvolvemento local. Desde a súa fundación en 2013, esta compañía galega non deixou de medrar, converténdose nun referente no sector dos carburantes grazas á súa proposta de valor clara: ofrecer sempre o mellor prezo posible con servizos áxiles, seguros e modernos.
Con oito estacións repartidas por toda Galicia —en Santiago de Compostela, A Coruña, Ribeira, A Estrada, Narón, Cambados, Tui e Sanxenxo— SBC Gasolineras aposta por un sistema automatizado que garante unha experiencia rápida e sinxela para os condutores, sexan particulares ou profesionais. Os seus clientes poden pagar directamente nos surtidores ou a través da súa APP móbil, e beneficiarse de importantes descontos grazas ás súas tarxetas de fidelización e acordos con asociacións, PEMEs ou colectivos.
Con máis de 50 profesionais —un 80 % deles mulleres—, SBC aposta tamén pola igualdade real de oportunidades. Liderada por Ana García Barros, fundadora e xerente cunha dilatada traxectoria no sector petrolífero, a empresa traballa cunha visión sostible, próxima e responsable.
A súa alianza coa refinería C.L.H. garante o subministro de carburantes e aditivos de primeira calidade, mentres o seu dinamismo comercial sitúa á compañía á vangarda no ámbito galego. Carburante de confianza, servizo impecable e compromiso co futuro son os piares fundamentais da firma.
Compromiso social
SBC Gasolineras colabora coa Asociación Amicos elixindo a súa “Fábrica + Social” como provedora para a elaboración das súas camisetas personalizadas. Esta decisión non só responde a criterios de calidade, senón tamén ao compromiso social da empresa coa inclusión e a responsabilidade corporativa. A “Fábrica + Social” é un proxecto de economía social promovido por Amicos, no que se aposta pola inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise cerebral ou dano cerebral adquirido.
Desde SBC Gasolineras amosan o seu profundo agradecemento polo labor que realiza esta entidade, tanto na atención directa ás persoas con diversidade funcional como no apoio constante ás súas familias. A colaboración con Amicos é unha forma de contribuír, dende o ámbito empresarial, á construción dunha sociedade máis xusta, integradora e sensible ás realidades de quen máis apoio necesita.
Ademáis, tamén colaboran ao longo do ano con outras entidades como ASANOC (Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia), con máis de 12 anos de historia axudando a mellorar a calidade de vida de menores afectados por un cancro en Galicia.
Ademáis, cada ano SBC Gasolineras reafirma o seu compromiso coa solidariedade e co apoio ás causas sociais colaborando con outras entidades como Fundación Andrea, apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas ou en estado terminal, así como ás súas familias. Desde SBC Gasolineras destacan a importancia de apoiar iniciativas que realmente transforman vidas e que sitúan ás persoas no centro. “Colaborar coa Fundación Andrea é poñer o noso gran de area para facer máis doado o camiño destas familias”, sinalan desde a empresa.
- Medio Ambiente ha impuesto medio centenar de multas en lo que va de verano por aparcar en las dunas de Nerga y Viñó, y en otros espacios de Red Natura en Cangas
- Las terrazas convierten el centro de Vigo en una yincana
- Denuncian que Moaña impide el uso de un bajo comercial por irregularidades de un edificio en el que sí permite vivir
- El último verano del Carrito que endulzó Vilagarcía durante 60 años
- ¿Cómo es un día con la Panorama?: Los cantantes y el resto del equipo de la orquesta ponen sus secretos al descubierto
- La familia Rodríguez, la saga ourensana que convirtió la lucha contra el fuego en una misión personal
- La hazaña de dos abuelos de 92 y 83 años en Cíes: Mario y Alsira conquistan la isla junto a su nieto
- «Ya no me queda nada por hacer en el partido ni en la política»