Corredoira prepárase para servir máis de 250 requeixos
A Festa do Requeixo será esta noite
Polbo, churrasco e viño do país completan a oferta gastronómica da cita deste ano, na 46 edición do certame

Festa do Requeixo de Corredoira. / Cedida
M. González
A parroquia de Corredoira convertirase esta fin de semana nun auténtico epicentro de tradición, gastronomía e encontro veciñal coa celebración da súa emblemática Festa do Requeixo, unha cita xa consolidada no calendario festivo de Galicia e que este ano atraerá novamente a centos de visitantes na súa 46 edición.
A cita terá lugar esta mesma noite, coa celebración da propia Festa do Requeixo, que contará coa animación musical de Os Afoutes de Cañón de Pau, seguida da verbena a cargo da orquestra Capitol e Tic Tac. Durante a cea haberá polbo, churrasco e viño do país. A cita, organizada pola Asociación Amigos da Festa do Requeixo da Corredoira en colaoración co Concello de Cerdedo Cotobade, disporá dunha gran carpa.
Os organizadores do evento gastronómico prevé que nesta cuadraxésimo sexta edición se vendan ao redor dunhas 250 pezas de requeixo que terá un prezo de 5 euros cada ración. En canto ás pezas que se saquen á venda, o seu prezo variará en función do peso que teñan.
A Asociación Amigos da Festa do Requeixo da Corredoira aconsella acudir á festa ben cedo porque as pezas, moi cobizadas ao tratarse de requeixos tradicionais de elaboración propia, soen rematarse en moi pouco tempo.
Para a xornada de mañá sábado, os actos comezarán ás 13.00 horas coa celebración da misa solemne, seguida de procesión. Finalizado o acto litúrxico, a Banda de Gaitas e Percusión Foula amenizará a sesión vermú.
Segundo explica Moisés Fraguas, «trátase de pezas únicas, moi frescas e saborosas, xa que se elaboran con unha gran cantidade de leite, entre sete e oito litros por cada requeixo, o que lles dá esa sona tan boa».
Elaboración
Para obter un requeixo dun quilo, engádeselle callo ao leite e déixase repousar ata 36 horas . Despois, colócase nun recipiente que permite escorrer o soro e mantense así durante dous días. Cando o requeixo está ben compacto, xa se pode consumir, normalmente acompañado de azucre ou mel, aínda que hai quen prefire engadirlle un chisco de viño ou de coñac.
Esta celebración gastronómica ten a súa orixe no ano 1980. Como lembra Fraguas, naceu «porque era moi habitual facer requeixos nas casas, e pensouse que unha festa dedicada a este produto podía axudar a valoralo e darlle máis visibilidade».
Pola súa parte, Jorge Cubela manifestou durante a presentación o «apoio total» do Concello de Cerdedo-Cotobade e da Deputación de Pontevedra á festa, subliñando o seu compromiso de «traballar man a man coa veciñanza para manter vivas as nosas tradicións».
- El ave que se «come» a la velutina
- Entrar en los dobles grados de Matemáticas, Física e Ingeniería Informática, solo para alumnos sobresalientes: exige más de un 13
- El pueblo costero en el corazón de Costa da Morte que pocos conocen: un santuario sobre el mar y una cascada preciosa
- Arrasado por un incendio un edificio en pleno centro de Pontevedra: «Creía que iba a explotar todo»
- La hostelería da una salida a los migrantes de Sanxenxo: «Es una satisfacción enorme ver cómo se abren camino»
- La Xunta dará bonos de 50 euros para comprar pescado a partir del 28 de julio
- La diva del Bronx «re vienta» Pontevedra
- Incredulidad en Lapamán: hace un asado en la playa y pone en jaque la bandera azul