Vigo sae a correr polo dano cerebral adquirido: así podes sumarte á proba
Dano Cerebral Galicia organiza unha carrera andaina solidaria o domingo 6 de xullo no barrio de Navia

Luciano Fernández, presidente de Dano Cerebral Galicia; Yolanda Aguiar, concelleira de Política Social e Jesús Vílchez, da Xunta Directiva de Alento. / Alba Villar
Camiñar é a actividade idónea para manter un bo ton físico, coñecer a nosa contorna ou chegar a outros lugares, pero tamén pode ser unha acción cargada de mensaxe. Así se demostrará o próximo domingo 6 de xullo en Vigo coa 4ª Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral.
A federación de asociacións adicadas á visibilización e prevención do dano cerebral adquirido, Dano Cerebral Galicia, organiza un ano máis este evento solidario co obxectivo de concienciar sobre a prevención desta discapacidade e visibilizar a súa causa.
Ademais, nesta edición celebrararse tamén o 25 aniversario da fundación das organizacións Alento, Dano Cerebral A Coruña ADACECO e Dano Cerebral Santiago de Compostela.
Precisamente será na sede de Alento, ubicada en Navia, onde se concentrarán os actos centrais da proba. O percorrido será polas rúas do barrio vigués, mentres que o punto de partida e meta será diante das instalacións da asociación, na rúa Pedra Seixa.
Como participar na carreira

Presentación de la 4ª Carreira e Andaina Solidaria polo Dano Cerebral Adquirido. / Alba Villar
O evento de Dano Cerebral Galicia está aberto a toda a cidadanía, de todas as idades e capacidades. Para participar na 4ª Carreira e Andaina Solidaria hai que anotarse na plataforma de Magma Sports, onde tamén se pode colaborar realizando unha doazón a través do Dorsal 0. O plazo de inscrición rematará o mércores 2 de xullo ás 23:59 horas.
As persoas interesadas poden escoller ata cinco modalidades de inscrición: Absoluta (5 km), Sub 16 e Sub 14 (1.200 metros) e Sub 12 e Sub 10 (600 metros) serán probas competitivas con trofeo para os tres primeiros clasificados e clasificadas. O prezo do dorsal é de cinco euros en Absoluta e dous nas carreiras escolares.
Por outra banda, a categoría Pitufos (100 metros) está pensada para nenos e nenas nados entre 2018 e 2025 e todas crianzas participantes levarán unha medalla. A inscrición son dous euros.
Tamén se contempla a categoría de Andaina, unha proba non competitiva de 5,5 kilómetros na que poden participar todas as persoas maiores de 16 anos ou os menores desa idade acompañadas por un adulto. O custo da inscrición para os maiores é 5 euros e de balde para menores de 16 anos.
A apertura de mesas de entrega de dorsais e do servizo de gardarroupa será ás 09:00 horas. A carreira absoluta comezará ás 09:45; as escolares a partir das 11:00; e a andaina ás 12:00, inmediatamente despois do acto de entrega de trofeos.
Un evento inclusivo e cheo de premios

Trofeo de la 4ª Carreira e Andaina Solidaria y camiseta del Celta que se sorteará. / Alba Villar
Este ano, a asociación de Discamino colabora coa carreira poñendo a disposición das persoas participantes vehículos adaptados que facilitan a participación e inclusión do colectivo de persoas con dano cerebral adquirido (DCA).
As persoas con DCA ou outra discapacidade que precisen deste apoio para levar a cabo a andanina poden solicitalo ou ben no teléfono 881943148 ou a través do correo electrónico, info@danocerebralgalicia.org.
Ademais, dende a organización agasallarán a tódolos inscritos cunha camiseta conmemorativa da proba e, o propio domingo 6 de xullo, sortearase unha camiseta do Real Club Celta de Vigo doada pola Fundación deportiva e asinada polos xogadores do primeiro equipo masculino. Tamén haberá máis sorteos, como o dunha tablet doada por Ecomputer Santiago.
A importancia da prevención
A 4ª Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral busca concienciar a toda a cidadanía sobre o dano cerebral adquirido, unha lesión cebral que, como o propio nome indica, non é conxénita nin xenética, senón que está causada a posteriori por doenzas como o ictus, os tumores cerebrais, anoxias ou infeccións cerebrais, ou por traumatismos cranioencefálicos.
Por iso, dende Dano Cerebral Galicia queren remarcar a importancia da prevención das patoloxías que poden causar este tipo de discapacidade. Segundo datos da Sociedade Española de Neuroloxía (SEN), o 90% dos casos de ictus poderían evitarse seguindo un estilo de vida saudable. E nada mellor que celebrar unha proba deportiva para fomentar eses bos hábitos.
Así mesmo, preténdese fomentar un ambiente deportivo san, afastado de valores competitivos que poidan xerar estrés ou mesmo violencia —factores de risco tamén para o ictus ou os traumatismos cranioencefálicos—, e reivindicar o dereito das persoas con discapacidade a gozar dun ocio inclusivo.
Unha proba, moitas mans

Cartaz da carreira solidaria. / Dano Cerebral Galicia
A Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral levase a cabo grazas á organización da Dano Cerebral Galicia e Alento, a Asociación de Dano Cerebral de Vigo, pero conta co apoio de diversas entidades para ser unha realidade.
Así, colabora co evento a Consellería de Política Social e Igualdade, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF -é dicir, grazas ás persoas que marcan ‘X Solidaria’ na súa declaración da renda-; o Concello de Vigo, de Deporte Galego e da Deputación de Pontevedra.
Ademais, respaldan a actividade a Asociación Vodea, Discamino, Abanca, o Real Club Celta de Vigo, e as empresas Eroski, Ecomputer Santiago, Daveiga, Toldos Gómez, Frutas Nieves e Gráficas Garabal.
- La tormenta que arrasó Castrelos: Trueno ilumina Vigo
- Viajar a Cíes es misión imposible y Ons solo registra un lleno este verano
- Tres hermanos buscan a su madre, desaparecida en el aeropuerto de Madrid: 'Tenemos la esperanza de encontrarla con vida
- Las Festas do Cristo se reducen a ocho días para dar paso a las de Darbo
- El furor de las autocaravanas: «Es un medio que da muchísima autonomía»
- La tormenta que arrasa Castrelos: Trueno ilumina Vigo
- Dos detenidos en Portugal por colar desde Vigo 400 kilos de cocaína mezclada con arena de gato
- Fallece un cangués en el autobús en el que viajaba en Tirán