Redondela descorcha a cita máis épica!
O pregón a cargo de Manolo Casa Paco e a actuación da orquestra Panorama darán hoxe o pistoletazo de saída a cinco días de festexos na vila dos Viadutos

Un momento dunha edición anterior da Festa da Coca / Marta G. Brea
O Concello de Redondela estrea este mércores cinco días de festexos con motivo da semana grande da súa Festa da Coca, na que as tradicionais danzas das Espadas e das Penlas serán as grandes protagonistas xunto coas alfombras florais. Non faltará tampouco unha programación musical de récord, pensada para todos os gustos e idades.
Ao maior festival de rock da historia de Redondela, que terá lugar este venres cun cartel encabezado por Herdeiros da Crus e América de Vigo, súmase a importante presenza de agrupacións locais no marco da aposta do Concello polo talento propio. A verbena, pola súa banda, estará garantida coas actuacións das orquestras Panorama, que ofrecerá un concerto hoxe ás 22.00 horas no campo da feira; Marbella, mañá xoves; Gran Parada, prevista para o sábado; e Olympus, que poñerá o gran broche de ouro o domingo.

Un momento dunha edición anterior da Festa da Coca en Redondela coa Danza de Espadas e Penlas / Marta G. Brea
Ademais, o público familiar poderá gozar do espectáculo a cargo de Uxía Lambona e a Banda Molona; e os deportes estarán tamén presentes coas competicións «Balonmán na rúa», que terá lugar o venres desde as 18.00 horas; e «Patina na rúa», previsto para o domingo ás 19.00 h.
A maiores e co gallo da Festa da Coca, organízanse viaxes en barco á illa de San Simón ao prezo de 6 euros por persoa os días 19, 21 e 22. As entradas xa poden mercarse no museo Meirande (986 458 891), na oficina de turismo de Redondela (986 401 713) e na web www.crucerosangel.com
As alfombras florais e as danzas das Espadas e as Penlas volverán encher as rúas de Redondela
Hoxe mércores
Xa se sente o paso dos Xigantes e Cabezudos, que, como é tradición, inaugurarán a festa esta tarde xunto ao grupo de gaitas Airiños de San Simón. A actuación da orquestra De Saxos e a lectura do pregón a cargo de Manuel Conde Docampo, máis coñecido como «Manolo Casa Pacco», darán paso ao acto solemne de relevo das Penlas e as homenaxes ás persoas que traballaron nas alfombras florais así como aos bailaríns da Danza das Espadas. Unha completa xornada e unha verbena de primer nivel, da man de Panorama City a partir das 22.00 horas.
Mañá xoves
Xa mañá xoves, día grande da festividade da Coca, os actos comezarán ás 11.00 co traslado da Virxe ‘A Gabacha’ da Igrexa de Vilavella á de Santiago de Redondela, acompañado pola Danza das Espadas e das Penlas ao ritmo da Banda de Música de Redondela. Ás 12:00 serán o desfile da Coca cos Mordomos e Diañiños e a Misa Maior, que terá lugar na Igrexa de Santiago de Redondela. Ás 13:00 horas será a procesión polas rúas, decoradas con alfombras florais, acompañada pola Banda de Música Municipal de Redondela. O baile de homenaxe da Danza das Espadas e das Penlas será na Praza da Constitución.
Pola tarde, os máis cativos disfrutarán do concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona ás 19:30 h na Alameda Castelao; e despois, ás 22:00 h, será a quenda da orquestra Marbella.

A maiores e co gallo da Festa da Coca, organízanse viaxes en barco á illa de San Simón / Marta G. Brea
Venres 20
O venres comezará cunha alborada ás 10:30 h a cargo da Banda de Música Municipal de Redondela, e ás 11:30 h terá lugar o retorno da Virxe A Gabacha. Xa a noitiña, a partir das 19.30 horas chegará a quenda do Rock Redondela, que este ano ofrecerá cinco concertos e máis de 7 horas da mellor música rock, con Herdeiros da Crus e América de Vigo como pratos fortes.
Sábado 21
Pola súa banda, na xornada do sábado os concertos comezarán ás 22.00 h con Gran Parada, para dar paso ás 01.00 a Grande Amore, o trío formado por Nuno Pico, Clara Redondo e María Grep. Finalmente, o picadiscos Rodri Vegas completará a oferta musical da noite.
Domingo, 22
Xa o domingo, o desfile da Coca será ás 12.00 ao son do grupo de gaitas do Carballo das Cen Pólas. Tamén ás 12:00 será a misa na Igrexa de Vilavella, coa posterior procesión polas rúas decoradas con alfombras florais e acompañada pola Danza das Espadas e das Penlas, coa Banda de Música de Chapela. O baile de homenaxe da Danza das Espadas e das Penlas será, pola súa banda, na Praza de Ribadavia.
Finalmente, as festas pecharanse coa Banda de Música de Chapela, ás 18.00 h na alameda de Castelao; e a orquestra Olympus, que porá o gran broche de ouro ás 22.00 h no campo da feira á que sen dúbida é unha das festas máis épicas de toda a contorna.
Axenda
A lenda da Coca inspira cada ano esta festa declarada de interese turístico de Galicia, onde tradicións como o baile das Espadas e das Penlas ou as alfombras florais danse a man cunha intensa programación musical. A celebración volverá transformar Redondela nun escenario vivo de cultura. Consulta a axenda completa nesta ligazón.
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Olvídate de Samil: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- Jennifer Lopez se marcha de Galicia tan diva como llegó
- Un vecino de Madrid alertó a la Policía de Vigo sobre la expulsión de los israelíes de un local por un «posible delito de odio»
- El pueblo costero en el corazón de Costa da Morte que pocos conocen: un santuario sobre el mar y una cascada preciosa
- Un empresario de Santiago detenido por pertenecer a una organización criminal que defraudó 69 millones de euros con bebidas alcohólicas
- JLo deja una entrada por debajo de lo esperado con 13.500 almas
- Un hostelero de Vigo expulsa a unos israelíes de su restaurante: «En mi bolsillo no puede entrar dinero pagado por ellos»