Chega o maior festival de rock da historia da vila
» Heredeiros da Crus e América de Vigo farán vibrar o campo da feira este venres

O Campo da Feira acollerá o venres 20 de xuño as actuacións de Heredeiros da Crus, América de Vigo e os grupos locais Perfectos Extraños, Retroblues e Elevën. / FdV
A tradicional cita co Festival Rock Redondela, integrada na programación da Festa da Coca, volve este ano con máis forza ca nunca, elevado a unha nova dimensión. Será, sen dúbida, o maior festival de rock da historia da vila, cun cartel de excepción e máis de sete horas ininterrompidas da mellor música en directo, nun evento totalmente gratuíto que se consolida como cita ineludible para os amantes do xénero.
A cita será este venres, 20 de xuño, no campo da feira a partir das 19.30 horas, con entrada de balde.
Plataforma do talento local
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, presentaron o festival destacando o seu crecemento e o firme compromiso do Concello coa música local e coa cultura como motor dinamizador da vila. Nesta edición, o festival contará coa participación de cinco grupos, entre os que se atopan bandas redondelás como Perfectos Extraños, Retroblues e Elevën, que abrirán o escenario con forza e talento local. «Dar visibilidade aos grupos e artistas de Redondela é unha prioridade para este goberno», subliña a alcaldesa para lembrar que «a nosa vila ten moito talento e o festival é unha plataforma para amosalo».
'Trankimasin': o grupo máis icónico volve á carga
Como prato forte da xornada, destaca a presenza da mítica banda galega Heredeiros da Crus, que regresan con novo disco despois de seis anos. O álbum, titulado ‘Trankimasin’, achega sonoridades setenteiras e moita retranca galega, nun espectáculo cargado de enerxía que terá lugar arredor da medianoite. «Con este disco volve á carga o grupo máis popular do rock en galego», sinalan desde a organización.
Máis de sete horas ininterrompidas da mellor música en directo totalmente de balde
Iron Maiden, Guns N’ Roses, Metallica
Completando o cartel, o grupo América de Vigo ofrecerá un potente tributo á historia do rock and roll con temas de bandas míticas como Iron Maiden, Guns N’ Roses, Metallica ou Queen. Farán dous pases, un ás 21.30 horas e outro ás 01.30, este último pechando o festival por todo o alto. Con esta proposta, Redondela reafírmase como epicentro da música rock en Galicia durante a Festa da Coca, cun evento que medra cada ano e que se converteu xa nun dos grandes atractivos da programación.
A música é sen dúbida unha das protagonistas desta celebración declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, na que tampouco faltarán as agrupacións de música tradicional locais nin as mellores orquestras da verbena galega como Panorama ou Olympus, que acturán o mércores e o domingo, respectivamente. A todo iso súmase unha completa programación que inclúe actividades para todos os públicos, desde espectáculos infantís ata competicións deportivas e, por suposto, tradicións con séculos de historia, facendo da Festa da Coca unha celebración plural e participativa.
O Concello de Redondela pon así en valor as súas raíces culturais ao tempo que aposta pola modernidade e a diversidade artística, garantindo unha experiencia festiva única que promete atrapar, un ano máis, tanto á veciñanza como aos visitantes.
- Muere un lucense de 78 años en la playa de A Lanzada
- Roban un coche en Vigo, lo empotran y el conductor, borracho y sin carné, se va a la terraza de un bar
- Evacuada en helicóptero una trabajadora atrapada por una mano en una máquina en Moraña
- Hallan el cuerpo de un niño ahogado en Pedras Miúdas tras dos horas de angustiosa búsqueda
- Bruselas certifica la prórroga ilegal de la AP-9, pero el Gobierno insistirá en apelar
- Organizan una despedida sobre ruedas para Brais, el joven motorista de O Rosal fallecido ayer
- Davila 17/07/2025
- La tragedia en Sevilla pone el foco de nuevo en la seguridad laboral: 'Nos quejábamos, pero nadie hacía nada