Poio prepárase para celebrar o San Xoán 2025: as festas patronais que marcan a chegada do verán
Do 22 ao 27 de xuño, o municipio celebra o seu patrón cun completo programa de eventos culturais, relixiosos e lúdicos

San Xoán 2024. / Concello de Poio
Chega xuño e, con el, unha das citas máis agardadas do ano en Poio: as Festas de San Xoán, unha celebración que mestura tradición, música, lume e identidade para dar a benvida ao verán.
Do 22 ao 27 de xuño, a vila mariñeira vivirá unha semana de intensa actividade cultural e festiva, con propostas para todos os públicos e momentos para compartir en comunidade. O 24 de xuño, festivo local, será o día grande en honra a San Xoán, patrón de Poio. Alboradas, verbenas, comidas populares e a tradicional cacharela darán forma á noite máis máxica do ano.
Seis días de festa e tradición
As festas darán comezo o domingo 22 de xuño, cunha intensa xornada de actividades que arrancará ás 10:00 h coas alboradas nas parroquias, protagonizadas pola Escola de Música Tradicional de Poio e o grupo Vides Novas. A música continuará ás 12:45 h cun concerto da Escola de Música de Poio na Praza do Mosteiro, e ás 20:00 h un animado pasarrúas levará a alegría polas rúas da man de Máis Cantos. Ás 21:00 h, o balcón da Casa Consistorial acollerá o esperado pregón, que será pronunciado por Pilar Martínez Soto. Durante o acto entregarase o premio do concurso de carteis e renderase homenaxe ao deporte local. A velada pecharase cunha actuación do Grupo Azabache e unha degustación de rosca e viño.
A véspera de San Xoán, o luns 23 de xuño, comezará tamén con alboradas, seguida ás 18:00 h da tradicional recollida de herbas de San Xoán no Local Social do Sartal, organizada pola A.C. Ronsel e ambientada polas Pandereteiras do Ronsel. Pola noite, a praza de A Seca converterase no centro da festa cunha sardiñada popular ás 21:30 h, verbena ás 22:30 h con Ritmo Joven, e, como punto álxido, o espectáculo de lume e acendido da cacharela ás 23:30 h.

Sardiñada popular. / Concello de Poio
O martes 24, Día de San Xoán, a xornada comezará ás 10:00 h coas alboradas e ás 11:30 h terá lugar a Baixada de San Martiño acompañada de Vides Novas. A misa solemne celebrarase ás 12:00 h coa Coral de Poio, seguida dun concerto da Banda de Música de Marín. A festa rematará cunha verbena de luxo en A Seca ás 22:00 h, coas orquestras Miramar e La Ocaband.
A recta final das Festas de San Xoán 2025 chega cargada de tradición relixiosa, música e celebracións populares. O mércores 25 de xuño, Poio renderá homenaxe a Santa Trahamunda cunha misa solemne ás 12:00 h e a tradicional Subida a San Martiño, acompañada polo Grupo Folclórico Vides Novas. A música continuará co concerto da Banda de Música Cultural de Arcade na Praza do Mosteiro. Pola noite, a Escola de Acordeóns de Campelo actuará en O Pereiro ás 21:00 h, mentres que A Seca será escenario dunha gran verbena coas orquestras Os Satélites e París de Noia.

Público disfrutando das orquetas. / Concello de Poio
O xoves 26, os actos comezarán cunha misa en honra a San Fructuoso, amenizada pola Coral da Virxe de Renda, e un concerto da Nova Lira de Moraña. A noite promete ser inesquecible cunha nova verbena en A Seca, protagonizada por Capitol e Marbella, e un espectacular show de fogos de artificio ás 23:59 h.
As festas despediranse por todo,o venres 27 de xuño, cunha festa infantil en A Seca ás 18:00 h, con inchables, escuma e animación musical de Javi Solla. Como colofón, ás 20:00 h terá lugar o Festival de Fin de Curso da Escola de Acordeóns de Campelo no Centro Cultural Xaime Illa Couto de Raxó, cunha entrada solidaria en forma de 1 kg de alimentos non perecedoiros.

Festa infantil. / Concello de Poio
Moito máis que festas
A programación de San Xoán 2025 complétase con propostas culturais como o Certame de Corais o sábado 21 de xuño no Mosteiro de Poio (20:30 h), coa participación da Coral de Poio, Coral de Soutomaior e o Coro Lestonnac de Cela.
Tamén destaca a exposición de arte en pedra "O Milladoiro das Arxinas", coa mostra dos traballos de fin de curso da Escola de Canteiría de Poio. Poderase visitar do 20 de xuño ao 13 de xullo en horario de mañá (09:00 – 14:00 h).
- La tormenta que arrasó Castrelos: Trueno ilumina Vigo
- Viajar a Cíes es misión imposible y Ons solo registra un lleno este verano
- Tres hermanos buscan a su madre, desaparecida en el aeropuerto de Madrid: 'Tenemos la esperanza de encontrarla con vida
- Las Festas do Cristo se reducen a ocho días para dar paso a las de Darbo
- El furor de las autocaravanas: «Es un medio que da muchísima autonomía»
- La tormenta que arrasa Castrelos: Trueno ilumina Vigo
- Dos detenidos en Portugal por colar desde Vigo 400 kilos de cocaína mezclada con arena de gato
- Fallece un cangués en el autobús en el que viajaba en Tirán