O único centro educativo da comarca con Bacharelato Xeral
O centro combina tradición artística e creativa, innovación educativa e oferta formativa pioneira na comarca

O instituto conta con varias liñas de innovación e participa en programas de intercambio. / IES As barxas
M. González
O IES As Barxas leva anos promovendo a adquisición de competencias e coñecementos científicos e humanísticos entre o seu alumnado, apostando polo desenvolvemento de habilidades fundamentais como o pensamento crítico, a resolución de problemas, o traballo en equipo, a creatividade ou a capacidade analítica.
Sen renunciar á súa recoñecida tradición artística e creativa, o centro destaca pola polivalencia do novo Bacharelato Xeral, incorporado coa entrada en vigor da LOMLOE. Esta modalidade permite ao alumnado deseñar o seu propio itinerario académico combinando materias humanísticas e científicas, e é ofertada en exclusiva no ámbito comarcal do Morrazo desde hai dous cursos.
O IES As Barxas conta ademais con Ensinanzas de réxime especial, sendo un dos poucos centros de Galicia onde se pode cursar a formación de Técnico Deportivo e Técnico Deportivo Superior en Atletismo.
No ámbito da innovación educativa, o centro desenvolve múltiples liñas de traballo que integran as competencias STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas). Destacan iniciativas como o Club de Ciencias, con proxectos de fototrampeo; a participación no programa Observa Acción para intercambio de boas prácticas docentes; o programa STEMBACH, cunha clara aposta pola excelencia no Bacharelato e liñas de investigación en Física, Química e Matemáticas; ou a participación nas rutas MEC por Castela-A Mancha e Andalucía.
A actividade do centro complétase con numerosos clubs e iniciativas de carácter educativo e cultural: o Club Audiovisual, con creación de curtas e animacións; o Club de Escritura, responsable dunha revista escolar; o Club de Teatro, o Club de Música Comando Disonante, o Club de Artes e o Club de Manga, cunha destacada presenza en eventos como COMICON e EXPOTAKU.
O profesorado conta cunha ampla formación e acceso a recursos innovadores nos Polos creativos, que inclúen impresión 3D, realidade virtual, cortadora láser, radio, E-téxtil e máis. Tamén son activos o grupo de igualdade Incómodxs e Rebeldes, o Equipo de Normalización Lingüística, o Equipo da Biblioteca, integrado na rede de Bibliotecas Solidarias e no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.
Desde este curso, o centro estreou un intercambio con Francia organizado polo Departamento de Francés a través do programa EduExchanges, cunha excelente acollida por parte da comunidade educativa.
Esta intensa actividade levouno a obter numerosos recoñecementos e premios ao longo da súa traxectoria: GSD INNOVA, EduCaixa, EducaBarrié, SIMO, CREARTE, Proyecta Innovación, Jóvenes Emprendedores, Olloboi, Premio Telefónica de Innovación Educativa, ou unha mención de honra nos Premios Stephen Hawking, entre outros.
O IES As Barxas participa en múltiples programas educativos como Edixgal, Seccións Bilingües, Auxiliar de Conversa, Biblioteca Escolar, Plan Proxecta, Edu Referentes ou Mediación Escolar, consolidando así o seu compromiso cunha educación innovadora e inclusiva.
O centro establece como liñas prioritarias de traballo a mellora da aprendizaxe, a detección e desenvolvemento de talentos, a atención á diversidade (a través de programas como a Diversificación Curricular), a promoción da igualdade, o impulso das competencias STEAM, o uso das TICs e o fortalecemento da competencia socioemocional e da convivencia.
- Una asociación pedirá anular judicialmente la concesión de la Medalla de Galicia a Leonor
- Muere un septuagenario de Moaña al caer del bote en el que pescaba frente a Meira
- Nuevo hito mundial de Cardiología del Chuvi: estrena técnica para la estenosis aórtica
- Atan, golpean y roban a un nonagenario mientras dormía en su casa de Coruxo
- El grupo de israelíes expulsado por un hostelero de Vigo: «Le dijimos que estaba manipulado por los medios, que no conoce la verdad»
- Detectan «barbaridades» en las embarcaciones de recreo
- Cola desde las 4:30 horas para lograr entradas para el concierto de The Black Keys en Castrelos
- Leo Caldas vuelve a la acción