Educación con propósito, compromiso con futuro
O centro aposta por unha educación inclusiva, innovadora e con compromiso social. Cunha ampla ofecta formativa, promove a aprendizaxe ao longo da vida, os proxectos solidarios, a conexión co ámbito laboral e as metodoloxías que transforman as aulas

Gravación co artista Mondra, dentro do proxecto Tradinova. / IES Johan Carballeira
M. G.
Cunha oferta educativa diversa que aposta pola innovación, a inclusión e a apertura ao mundo, este instituto converteuse nun referente da comarca do Morrazo.
Recoñecemento académico
Durante este ano, no IES Johan Carballeira, celebrouse con orgullo o esforzo, a diversidade e o compromiso coa aprendizaxe ao longo de toda a vida. Un exemplo destacado desta filosofía foi o caso dun alumno de 47 anos, matriculado no bacharelato para persoas adultas, que acadou a Matrícula de Honra. Este feito vai moito máis alá dun simple recoñecemento académico: representa un símbolo poderoso da forza de vontade, da capacidade de superación e da idea de que a educación pode e debe ser unha segunda oportunidade accesible para todos e todas. Tamén pon de manifesto o papel fundamental dun centro educativo que ofrece acompañamento real, constante e próximo a cada persoa, independentemente da súa idade ou traxectoria vital.
Ademáis, o curso pasado tiveron unha mención por parte da consellaría e das universidades por obter as mellores notas nas ABAU.
Centro Solidario
No IES Johan Carballeira, a solidariedade non é un concepto abstracto nin unha lección teórica reservada ás páxinas dos libros de texto. Aquí, a solidariedade vólvese acción cotiá e compromiso real. o centro colabora activamente con moitaa organizacións e asociacións da contorna. A través destas colaboracións, promóvense valores esenciais como o compromiso, o respecto, a empatía e a participación activa na construción dunha sociedade máis xusta e inclusiva. Un bo exemplo disto é o noso proxecto solidario artístico Art for Change, no que participa toda a contorna educativa e o vindeiro ano celebrará a súa V Edición.
Ampla oferta educativa
No IES Johan Carballeira impártense ensinanzas de ESO e Bacharelato, así como de formación profesional e educación para persoas adultas (ESA e Bacharelato). En canto á Formación profesional, esta abarca a catro familias: FABRICACIÓN MECÁNICA, ACTIVIDADES MARÍTIMO-PESQUEIRAS, IMAXE PERSOAS E ADMINISTRACIÓN, e hai ciclos superior, medio e básico. Trátase dun modelo educativo que aposta dedicidamente pola formación ao longo da vida e pola inclusión efectiva como motores de desenvolvemento persoal e colectivo.
Innovación como alicerce
Desde unha perspectiva pedagóxica, o centro promove unha educación viva, activa e profundamente conectada cos valores da igualdade, a diversidade, o benestar emocional e a saúde mental. Ao mesmo tempo, intégrase a innovación como eixo transversal de toda a actividade educativa. Este curso, a radio escolar converteuse nun espazo central de encontro e creación, onde se deron voz a diferentes sectores da comunidade educativa a través da gravación de podcasts. Este proxecto contribuíu a construír unha nova maneira de aprender e comunicarse, fomentando o pensamento crítico, a expresión oral e a cohesión comunitaria.
Así mesmo, nas aulas do centro intégranse ferramentas innovadoras como a impresión 3D, metodoloxías activas de aprendizaxe e dinámicas colaborativas que transforman a aula nun espazo vivo, dinámico e participativo, no que o alumnado se converte en protagonista do seu propio proceso formativo.
Unha ponte entre a escola e o traballo
A conexión co mundo laboral tamén forma parte do ADN do IES Johan Carballeira. Non é unha intención, senón unha realidade. O viveiro de empresas do contorno amosa interese en colaborar co centro e co seu alumnado para crear oportunidades reais de inserción profesional. Ademais da formación regrada —ciclos ordinarios e FP Dual Intensiva—, o centro tamén organiza cursos AFD e accións formativas en competencias profesionais, o que reforza a súa proxección cara ao mundo empresarial e dota ao alumnado das habilidades necesarias para afrontar os retos do mercado laboral actual.
En resumo, o IES Johan Carballeira é hoxe un espazo de aprendizaxe integral e transformadora, que combina tradición e innovación, compromiso social e excelencia académica, e que aposta decididamente por unha educación inclusiva, ao servizo das persoas e da sociedade.
- Una asociación pedirá anular judicialmente la concesión de la Medalla de Galicia a Leonor
- Muere un septuagenario de Moaña al caer del bote en el que pescaba frente a Meira
- Nuevo hito mundial de Cardiología del Chuvi: estrena técnica para la estenosis aórtica
- Atan, golpean y roban a un nonagenario mientras dormía en su casa de Coruxo
- El grupo de israelíes expulsado por un hostelero de Vigo: «Le dijimos que estaba manipulado por los medios, que no conoce la verdad»
- Detectan «barbaridades» en las embarcaciones de recreo
- Cola desde las 4:30 horas para lograr entradas para el concierto de The Black Keys en Castrelos
- Leo Caldas vuelve a la acción