ENSINO MORRAZO

Compañía de María de Cangas, un século como referente educativo educando en valores

Máis de 40.000 alumnos e alumnas pasaron polo centro ao longo destes cen anos de vida

Alumnado participando no proxecto «Radio Compa».

Alumnado participando no proxecto «Radio Compa».
 / Compañía de María Cangas.

Moncho González

Cangas

O vindeiro mes de setembro, o Colexio Compañía de María de Cangas celebra o seu centenario, tras un século dedicado á educación de máis de 40.000 estudantes desde a súa fundación en 1925. Coñecido como “o Compa”, é hoxe un referente na comarca do Morrazo, destacando polo seu enfoque humanista, plurilingüe e en constante evolución.

Para conmemorar esta efeméride, ao longo do curso 2025-2026 a comunidade educativa organizará diversas actividades: a Semana do Centenario, xornadas de portas abertas, encontros con antigos alumnos, unha exposición histórica e proxectos solidarios en colaboración coa Fundación FISC.

Un século como referente educativo educando en valores.

Un século como referente educativo educando en valores. / Compañía de María Cangas.

A súa proposta pedagóxica baséase en seis piares fundamentais:

  • Humanismo cristián e evanxelización, inspirado nos valores ignacianos e no legado de Santa Xoana de Lestonnac, promovendo a interioridade e o compromiso a través da pastoral Unitas.
  • Excelencia educativa e innovación pedagóxica, desenvolvida a través do modelo SIGNA, que aposta por unha aprendizaxe activa, crítica e personalizada.
  • O educador como acompañante, asumindo un rol de guía que favorece o desenvolvemento académico, emocional e persoal do alumnado nun entorno de benestar.
  • Compromiso social e sostibilidade, mediante campañas solidarias, voluntariado e proxectos de aprendizaxe-servizo orientados ao coidado da “Casa Común”.
  • Rede, comunidade e pertenza, como parte dunha rede educativa internacional presente en 26 países, reforzando os vínculos interxeracionais e o sentido de familia.
  • Atención á diversidade e aprendizaxe personalizada, con metodoloxías inclusivas que respectan os ritmos e talentos de cada estudante.

Desde a Dirección subliñan que “Educar para cambiar o mundo non é un lema, senón unha vocación vivida a diario”. Con esta mirada ao futuro, o centro reafirma o seu compromiso coa formación de persoas íntegras, solidarias e comprometidas coa sociedade.

O seu modelo educativo, centrado na persoa, desenvólvese ao longo de toda a etapa educativa, desde Infantil ata Secundaria, sempre coa aprendizaxe activa como eixo. No ámbito lingüístico, é un colexio Plurinfantil e Plurilingüe, e o único centro examinador oficial Oxford do Morrazo. Cada ano celebra a English Week, como a deste curso inspirada no universo de Harry Potter, que rematou cun Entroido temático.

Un século como referente educativo educando en valores.

Un século como referente educativo educando en valores. / Compañía de María Cangas.

A comunicación oral e escrita é outro punto forte do centro, con participación en certames como o Parlamento Xove ou a Oratoria da Fundación Barrié, e cun programa de clubs de lectura abertos a alumnado e familias. Colaboran tamén con proxectos como Faro da Escola ou Escola en Camiño, onde recentemente dúas alumnas foron premiadas polos seus traballos.

A innovación ocupa un papel clave no Compa. Participa no programa Polos Creativos da Xunta, promovendo proxectos que integran ciencia, tecnoloxía, arte e humanidades. Ademais, é centro de referencia no programa DigiCraft da Fundación Vodafone, que impulsa competencias dixitais con enfoque inclusivo.

No ámbito científico, o alumnado toma parte en iniciativas como a Olimpíada Matemática de Agapema ou a Incubadora de Sondaxes e Experimentos. Este ano, recibiron unha mención especial por un estudo sobre os lixos mariños nas praias de Cangas, no marco dun certame de Experimentos e Sondaxes da Consellería.

Por último, o benestar emocional tamén é prioritario. O colexio ofrece obradoiros de interioridade e mindfulness en todas as etapas, así como un programa de Mediación entre Iguais para fomentar a convivencia e previr o acoso escolar.

Unha rede internacional cun legado centenario

A Compañía de María, orde relixiosa fundada por Santa Xoana de Lestonnac en Francia no 1607, e creou as primeiras escolas para mulleres en España no século XVII, un fito que marcou un antes e un despois na historia pedagóxica do país. Desde entón, a súa presenza foi medrando, mantendo sempre unha aposta firme pola formación académica, persoal e espiritual do alumnado, cun enfoque centrado na persoa, a reflexión, a responsabilidade social e a igualdade.

Segundo premio á Mellor reportaxe.

Segundo premio á Mellor reportaxe. / FARO

Accésit especial pola sección “Esquelas con humor”.

Accésit especial pola sección “Esquelas con humor”. / FARO

Segundo premio á Mellor entrevista.

Segundo premio á Mellor entrevista. / Faro

O Colexio Compañía de María de Cangas, galardoado nos premios Faro da Escola

O Colexio Compañía de María de Cangas foi multiplemente recoñecido este xoves na X Edición de Faro da Escola, o proxecto educativo de xornais escolares do Faro de Vigo. Grazas á súa orixinalidade, creatividade e ao intenso traballo desenvolvido ao longo do curso, o centro acadou varios premios destacados:

  • Segundo premio á Mellor entrevista
  • Segundo premio á Mellor reportaxe
  • Accésit especial pola sección “Esquelas con humor”

Estes recoñecementos poñen en valor o esforzo, a dedicación e a calidade do xornal elaborado polo alumnado do colexio, consolidando a súa traxectoria dentro deste proxecto educativo.

Tracking Pixel Contents