Protagonismo veciñal en Barro
A XLVI Festa do Viño, que se desenvolverá do 12 ao 15 de xuño, busca poñer en valor o viño, a cultura e as entidades locais » O Pazo da Crega, epicentro das actividades

Ambiente no Pazo da Crega na edición de 2024. / Concello de Barro
M. González
O Concello de Barro dará mañá o pistoletazo de saída á XLVI Festa do Viño, que terá lugar entre os días 12 e 15 de xuño. A cita, xa consolidada no calendario festivo da comarca, aposta este ano por reforzar o seu vínculo co tecido social, cultural e asociativo do municipio. «O protagonismo da Festa do Viño é, máis que nunca, da xente de Barro», destacou o alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, quen na presentación do evento sinalou que o obxectivo principal é construír unha celebración na que o veciñanza se recoñeza e participe activamente.

Presentación do cartel da Festa do Viño. / Concello de Barro
A programación arranca mañá coa xornada Xoves do Viño, pensada para o público infantil, con inchables, pasarrúas dos Bolechas e o concerto de Jorge Menéndez no Pazo da Crega, a partir das 22.30 horas. Na xornada do venres, a actividade intensifícase con propostas para todos os públicos, nas que o viño, a música e a cultura serán os grandes protagonistas.
O venres 13 abrirase oficialmente o XVIII Certame de Viños D.O. Rías Baixas co pregón da investigadora Salomé Cancela. Esa mesma tarde actuarán o Grupo de Danzas Amor Ruibal de Barro e o grupo Son das Tabernas, e a noite culminará cunha verbena animada polas orquestras Capitol e New York.
O sábado 14 continúa a aposta polas entidades locais, coas actuacións da Coral Polifónica de Barro, o Grupo de Pandereteiras Peñaflor e o Coro da Portela. A mocidade tamén terá o seu espazo cunha sesión do DJ Moe da Duendeneta. A verbena correrá a cargo das orquestras Kubo e Miramar.

Comensais no xantar popular do ano pasado. / Concello de Barro
O domingo 15 será o día grande, cunha sardiñada popular e o tradicional xantar como pratos fortes. Ademais, celebraranse as catas finais dos viños do certame e dos viños de colleiteiro. O broche final chegará da man da Banda de Música Xuvenil de Barro, que acompañará ao cantante Antonio Barros, nun acto conducido por Xurxo Souto.
Con esta edición, a Festa do Viño de Barro camiña firme cara o medio século de vida, e aspira a seguir medrando como referente, sen perder de vista as súas raíces e o compromiso coa súa xente, apostando máis ca nunca pola participación veciñal, a promoción da cultura local e o recoñecemento ás entidades que lle dan vida ao concello durante todo o ano.
- La calle donde mejor se come en España está en Galicia y tiene 80 bares en 150 metros según la revista Viajar
- Desaparece la heredera de la histórica discoteca Daniel: «Por aquí hasta vino el rey»
- Rescatan de un contenedor a una mujer que intentaba recuperar un artículo en Soutomaior
- Ni Tui ni Baiona: este es el pueblo más bonito de la provincia de Pontevedra según la revista Viajar
- La portavoz del PSOE de Mos, Victoria Alonso, renuncia a su acta de concejala
- «Le invitó a cocaína y lo violó»: ratificada la condena por agresión sexual y robo a un joven en un parking de Vigo
- El vigués que apuñaló a su exmujer ya mató al hermano hace dos décadas
- La playa de arena negra más bonita de España está en Galicia: custodiada por un barco naufragado y en una aldea con solo dos habitantes