Vive un verán teatral único con Imaxinatea
O centro abre a inscripción para o curso 2025/2026 e prepara os seus cursos do estío

Imaxinatea Lab. / Cedida
En Imaxinatea Lab Creativo entenden o teatro como unha poderosa ferramenta de expresión, desenvolvemento persoal e conexión colectiva. Desde a súa sede en Vigo, este verán volven apostar por unha programación formativa ampla, inclusiva e adaptada a todas as idades.
Desde campamentos infantís ata cursos intensivos para adultos, pasando por preparación específica para as probas de acceso a Arte Dramática, a proposta desta escola de teatro en Vigo combina metodoloxía práctica, enfoque lúdico e unha clara vocación transformadora:
Teatro para as novas xeracións: Campamento de Verán (6-14 anos)
Do 30 de xuño ao 11 de xullo, Imaxinatea acolle o Campamento Teatral de Verán para nenas e nenos, unha experiencia artística onde o xogo, a expresión corporal e a improvisación se converten nas ferramentas principais para fortalecer a creatividade, a autoestima e a comunicación. Impartido pola docente e creadora escénica Ana Abad de Larriva, o obradoiro desenvolvese en horario de mañá (10:30 a 13:00 h) e remata cada semana cunha pequena mostra escénica aberta ao público.
O prezo é de 135 € por unha semana ou 216 € por dúas, cun 20 % de desconto pola participación completa.

Teatro infantil. / Cedida
Máis información: imaxinatea.es/gl/campamento-teatral-de-veran
Teatro Básico para Adultos
Para o público adulto, ofrécese un Curso Intensivo de Verán de Teatro Básico, tamén entre o 30 de xuño e o 11 de xullo, en horario de 20:00 a 21:30 h. Está pensado tanto para persoas sen experiencia como para aquelas que queiran volver ao escenario, e traballa expresión escénica, conciencia corporal, voz e creación de escenas, todo nun ambiente seguro e estimulante.
A matrícula tamén conta cun desconto do 20 % se se realiza o curso completo. O prezo é de 130 € por unha semana, cun 20% de descuento si realizan dúas semanas.

Teatro para adultos. / Cedida
Máis información: imaxinatea.es/gl/teatro-basico-curso-de-veran-intensivo
Preparación para as Probas de Acceso a Arte Dramática 2025
Para aquelas persoas que aspiren a ingresar nas Escolas Superiores de Arte Dramática, Imaxinatea organiza un curso intensivo de preparación repartido en dúas semanas (23–27 de xuño e 30 de xuño–4 de xullo). O programa inclúe traballo sobre textos e monólogos, técnicas corporais e vocais, e simulación de situacións reais de exame.
Con horarios diferenciados de mañá e tarde e grupos reducidos, o curso busca unha preparación personalizada e rigorosa. O prezo é de 130 € por unha semana ou 208 € se se realiza completo, cun 20 % de desconto.

Cada semana mostrase o aprendido. / Cedida
Máis información: imaxinatea.es/gl/curso-de-preparacion-probas-de-acceso-arte-dramatica-2025
Curso anual 2025–2026: matrícula con desconto ata o 1 de xullo
A oferta formativa anual desta escola de teatro en Vigo arrinca en outubro e está aberta xa á inscrición cunha promoción especial: 30 % de desconto na matrícula ata o 1 de xullo. Os cursos abranguen todas as idades e niveis:
- Teatro para nenas/os (5–8 anos) e (9–12 anos)
- Teatro para adolescentes (12–16 anos)
- Teatro básico e avanzado para adultos
As clases desenvólvense en grupos reducidos, con horarios semanais de mañá ou tarde e a posibilidade de modalidade online. A mensualidade parte dos 45 €.
Para máis información, consulta a web imaxinatea.es, contacta a través de contacto@imaxinatea.es ou chama ó 986 120 024.
Visita as súas redes sociais:
Instagram @imaxinatea_labcreativo
Facebook Imaxinatea Lab Creativo
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Ni Rodas ni Samil: un portugués en Galicia descubre la playa con el agua más «caliente y cristalina» cerca de Vigo
- El camping más bonito de España está en Pontevedra: totalmente equipado y con vistas a la ría de Vigo
- Operativo exprés para salvar a una bañista
- Tiene paro cero y sueldo de 70.000 euros: esta es la carrera universitaria más ignorada en España
- Desaparece la heredera de la histórica discoteca Daniel: «Por aquí hasta vino el rey»
- Un crimen y un precinto policial que se eternizó en Vigo: «La casa parece una selva»
- Ni Tui ni Baiona: este es el pueblo más bonito de la provincia de Pontevedra según la revista Viajar