Especial Formación

Máis que unha residencia

Ademais de manutención e aloxamento, favorecen as relacións entre alumnado

Centro Residencial Docente de Vigo.

Centro Residencial Docente de Vigo. / Cedida

O Centro Residencial Docente de Vigoé un centro educativo para que os estudantes de bacharelato ou ciclos formativos que teñan a súa residencia habitual lonxe da localidade poidan cursar os seus estudos, así como aquel es que, por circunstancias excepcionais, deban utilizar o servizo de residencia como medida para asegurar unha adecuada resposta educativa que non pode recibir nun centro docente da súa cidade.

Estas instalacións contribúen ao desenvolvemento educativo e, co fin de estimular e motivar o uso adecuado do seu tempo libre e de lecer, programan cada curso distintas actividades que poidan ser de interese para todo o alumnado, como poden ser charlas, competicións deportivas, exposicións temáticas... Entre outras moitas que se relacionarán no apartado de planificación de actividades.

Para dar resposta a todas estas necesidades e obxectivos, o Centro Residencial Docente de Vigo conta cun equipo de profesionais cualificados, principalmente persoal docente con formación específica na atención educativa e pedagóxica do alumnado

Así mesmo, as instalacións do centro están deseñadas para atender adecuadamente as necesidades diarias dos mozos e mozas residentes

Un dos piares fundamentais do funcionamento do centro é o fomento de valores esenciais para a convivencia, como o respecto, a responsabilidade, a solidariedade e a colaboración. Estes valores intégranse no día a día da vida residencial e contribúen á formación integral do alumnado

Tracking Pixel Contents