I Festival dos Arrieiriños

A Estrada, capital do pop-rock
máis miúdo

Pakolas, Uxía Lambona e Broken Peach, estrean o Festival dos Arrieiriños

Uxía Lambona e Pakolas, protagonistas xunto con Broken Peach do I Festival dos Arrieiriños.

Uxía Lambona e Pakolas, protagonistas xunto con Broken Peach do I Festival dos Arrieiriños. / FDV

M.Gonzalez

A Estrada

Este domingo A Estrada vai tremer, con risas, saltos e moita música, grazas á chegada do Festival dos Arrieiriños, o primeiro festival infantil de pop-rock de Galicia. E si, estás lendo ben: pop-rock para a rapazada, pero tamén para os maiores que así o desexen.

A partir das 18:00 horas, a praza do Concello converterase nun auténtico escenario rockeiro, cun cartel que non ten nada que envexar aos grandes festivais, pero adaptado aos máis cativos.

O primeiro en saír á palestra será Pakolas, tamén coñecido como Paco Cerdeira, un verdadeiro rockeiro para nenos e nenas, cun repertorio cheo de contos cantados, guitarras afiadas e letras que dan para cantar, rir e aprender.

Ás 19:00 chegará o turno de Uxía Lambona e a Banda Molona, que levan anos poñendo a bailar a toda Galicia con versións frescas e divertidas de clásicos da música tradicional. Se pensabas que a «Muiñeira de Chantada» non podía ter swing, é porque aínda non a disfrutaches en directo.

Uxía Lambona e Pakolas, protagonistas xunto con Broken Peach do I Festival dos Arrieiriños.

Uxía Lambona e Pakolas, protagonistas xunto con Broken Peach do I Festival dos Arrieiriños. / Iñaki Abella

O certame comezará a partir das 18.00 horas deste domingo, e terá lugar na
praza do concello

Como broche de ouro, ás 20:00 suben ao escenario Broken Peach, unha banda que mestura soul, rock e moito estilo visual. Voces potentes, maquillaxes de cine e posta en escena chea de enerxía, son as súas principais apostas, triunfando sempre alá por donde van.

O Festival dos Arrieiriños nace coma unha alternativa do xa coñecido Son dos Arrieiros, pero cun enfoque máis familiar e orientado á cativada. A idea —promovida polo Concello da Estrada— é consolidar unha nova cita anual que una música, cultura e lecer para todas as idades. A carpa da praza do Concello será o epicentro desta aventura musical que se enmarca nunha programación intensa: o Latexo Fest para a mocidade, o Festival de Bandas, o Orballo Cultural e a vindeira Festa da Sidra o 7 de xuño.

Así que xa sabes: este domingo colle os cascos, os nenos e nenas, e a camiseta máis molona que teñas. Porque na Estrada, os arrieiriños tamén rockean.

A Estrada está preparada para vivir unha fin de semana marcadamente musical baixo a carpa de gran formato instalada na Praza da Constitución.

Fin de semana musical

A música será a grande protagonista desta fin de semana na Estrada. A primeira cita será hoxe mesmo, cando o ciclo Orballo Cultural chega á localidade da man de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Su Garrido Pombo. Ofrecerán un espectáculo gratuíto, dentro dos Concertos do Xacobeo, que arrancará ás 20.00 horas.

Sidra e San Paio

O Festival dos Arrieriños súmase deste xeito ás celebracións levadas a cabo no Concello da Estrada nos meses centrais do ano. Así, configurase como a antesala ideal para as vindeiras Festa da Sidra, que terá lugar a vindeira fin de semana, o o agardado San Paio, as patronais da capital estradense.

Tracking Pixel Contents