Apoiar o comercio local pode levarte moi lonxe!
Cambados Zona Centro sortea unha viaxe a Cantabria e 1.000 euros en vales de compra polo Día da Nai

Presentación da campaña do Día da Nai. / Cedida
Apoiar o comercio de proximidade significa apostar pola identidade local, pola creación de emprego e pola sostilidade. Para facer realidade este apoio dun xeito máis sinxelo, Cambados Zona Centro trae entre mans unha campaña especial co gallo do Día da Nai 2025.
Concretamente, a asociación de comerciantes axudará a potenciar a compra local a través do sorteo de 1.000 euros en vales e o sorteo dunha viaxe a Cantabria, con entradas para visitar o Parque da Natureza de Cabárceno, pensada para as familias.
Preto de 120 establecementos asociados de Cambados Zona Centro participarán na iniciativa. Cada un deles contará con 200 vales ‘rasca e gaña’ para repartir entre aqueles clientes que realicen compras cun importe mínimo de cinco euros. O valor total do sorteo é de 1.000 euros, que se distribúe en 40 vales premiados con 25 euros.
Deste xeito, os máis afortunados recibirán 25 euros para gastar nos negocios asociados e conseguir o mellor agasallo para o Día da Nai, que se celebra como tal o domingo 4 de maio.
O sorteo dos vales realizarase mediante o reparto de rascas, polo que, ao tratarse dun premio directo, os gañadores deberán poñerse en contacto coa asociación, antes do mércores 7 de maio, a través do teléfono 986520902 ext. #742 ou ben enviando un correo co seus datos a info@cambadoszonacentro.com.
O período de validez para consumir os cheques premiados prolongarase ata o día 30 de xuño. Ademais, non se devolverá cambio.
O sorteo da viaxe, que inclúe entradas para Cabárceno, realizarase o día 7 de Maio entre os clientes rexistrados
Unha estancia familiar
Ante a baixa probabilidade estatística de conseguir un dos 40 rascas premiados, dende Cambados Zona Centro quixeron ampliar a campaña e facer outro sorteo: unha estancia familiar en Cantabria, para dous adultos e dous nenos de ata 12 anos.
Así, a viaxe inclúe dúas noites de aloxamento no hotel de catro estrelas Hotel Torresport, ademais de entradas dun día para o espectacular Parque da Natureza de Cabárceno (un complexo onde habitan máis de 120 especies dos cinco continentes en réxime de semiliberdade) e tamén para o Museo Xurásico de Asturias, en Colunga.
O sorteo realizarase o día 7 de maio entre todos os clientes que formalicen o rexistro dispoñible a tal efecto na páxina web www.cambadoszonacentro.com.
Ao gañador notificaráselle o premio por teléfono, así como a data de entrega do mesmo.
Dacordo co establecido nas bases da campaña de Cambados Zona Centro, a viaxe a Cantabria é só válida para o ano 2025; concretamente, ata o 23 de decembro, e non se poderá reservar entre os días 14 de xullo e 31 de agosto.
Con esta iniciativa, a asociación de comerciantes locais demostra un ano máis que mercar de proximidade é moito máis que mercar (e mesmo pode ser unha oportunidade para ir lonxe).
- «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando; no me avisó de los riesgos»
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- Se buscan vecinos para vivir en este pueblo cerca de Vigo: hay trabajo y casas en venta desde 50.000 euros
- Parte de la millonaria indemnización por la caída de una losa salió del bolsillo de los dueños del edificio
- Suspenden en Vigo a una profesora de Inglés durante un año por no saber dar clase
- Comienza la tala para la construcción del supermercado Familia en Cangas
- ¿Qué pudo pasar en la cirugía de Carmen, la mujer que quedó parapléjica tras operarse la rodilla en Ourense?
- A la captura de cazadores