Celebrando o viño de Amandi
A Feira do Viño da DO Ribeira Sacra regresa a Sober os días 11, 12 e 13 de abril

Imaxe da celebración da Feira do Viño de Amandi 2024. / Cedida
O concello lucense de Sober festexou durante o mes de marzo un dos seus grandes tesouros: o viño da subzona de Amandi, pertencente á DO Ribeira Sacra. Pero as homenaxes culminarán os próximos días 11, 12 e 13 de abril coa celebración da XLV Feira do Viño de Amandi.
O evento contará coa participación de 22 adegas da zona, dende A Carqueixa ata Vilacha-Doade, e non faltará unha cata profesional na que un xurado conformado por membros da Federación Española de Enólogos repartirá sendos premios entre os viños da anada 2024.
Ademais, este ano a pregoeira da feira será a cantante Lucía Pérez, rostro recoñecido e moi querido entre o público galego. A lectura do pregón terá lugar o domingo 13 de abril ás 13:00 horas, mais a artista xa se subirá ao escenario o sábado para ofrecer un concerto a partir das 21:30 horas.
A XLV Feira do Viño chega cargada de música e bo ambiente (e por suposto, das mellores elaboracións de Amandi). O venres 11 de abril inaugurarase a cita ás 19:30 horas, da man da Adega Cividade de Outeiro-Bolmente, en lembranza de José Verao Rodríguez. Posteriormente haberá actuacións da batucada X de L e Louband.
O sábado, os expositores da feira abrirán portas ás 11:00 horas e durante o día amenizarán o evento a Banda de Música de Sober, Batukada Baturruca, Lucía Pérez e Gin Toni’s. A precata oficial comezará ás 17:00 horas.
Na xornada final, a actividade arrincará a partir das 10:45 horas coa Charanga NBA, seguida dun pasarrúas a cargo da Banda de Música de Sober e outras actuacións que rematarán co show da orquestra Los Satélites ás 19:30 horas. En canto ás actividades vitivinícolas, a cata final oficial será ás 11:30 horas e a entrega de premios terá lugar ás 13:30 horas.
Nesta XLV edición, o convidado de honra é o Concello do Incio. O programa completo, dispoñible en www.concellodesober.com.
- Un perro muerde a una vecina de Navia cuando protegía a su perra del ataque: Eira huyó pero apareció tras tres días perdida
- La Guardia Civil investiga vertidos durante unos trabajos de reparación de un barco de pasaje en Bueu
- La Guardia Civil logra frenar una estafa de 46.300 euros con criptomonedas a un pontevedrés
- Comprar en el centro de Vigo es tres veces más caro que en la periferia: así están los precios del metro cuadrado por barrios
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Sin consenso en Vigo por Peinador: Abel Caballero insiste en que «solo hay un modelo» y Luisa Sánchez lo acusa de «despreciar» fondos de Diputación y Xunta
- El mosquito tigre se extiende en el área de Vigo: cómo evitar y paliar su persistente picadura
- Un niño alerta al 112 de un incendio en su casa en Vigo mientras su madre intenta apagarlo