Colexio Sagrada Familia: compromiso e dedicación na formación do seu alumnado
O colexio ofrece unha educación de calidade e experiencias educativas que preparen o alumnado para enfrontar con confianza e creatividade os desafíos que se presenten
Convida a todas as familias a coñecer o seu proxecto educativo e instalacións con cita previa no 986 329 575

O centro combina as aprendizaxes académicas co respecto e a conexión coa natureza / Cedida
O colexio Sagrada Familia de Aldán está ubicado nun lugar privilexiado coa praia a poucos metros e con bosques cercanos, que constitúen marabillosos espazos abertos utilizados a miúdo para que a educación dos seus estudantes vaia máis alá das propias aulas, creando experiencias estimulantes que combinan as aprendizaxes académicas co respecto e a conexión coa natureza; sen esquecerse da grande riqueza patrimonial e cultural coa que contán e da que sempre sacán o mellor proveito.
O centro naceu coa finalidade de servir á comunidade, alá polo ano 1952, ocupándose da educación e atendendo as necesidades dos fillos das familias máis desfavorecidas. Co tempo foi converténdose nun centro plenamente actualizado e moderno, pero que conserva ese espírito de compromiso e dedicación na formación do seu alumnado.
Ofrecénlles aos seus alumnos e alumnas a posibilidade de formarse e medrar nun ambiente seguro, tranquilo e motivador no que poder descubrir e desenvolver os propios talentos e intereses. A sua oferta educativa vai dende educación infantil ata a 4º ESO en réxime de concerto e contan con instalacións amplas e confortables, dotadas dos medios e recursos necesarios para unha óptima formación dos seus estudantes.

O colexio Sagrada Familia / Cedida
Que lles distingue?
O colexio Sagrada Familia de Aldán ofrece unha educación de calidade que vaia máis aló dos libros de texto, brindando experiencias educativas que preparen o alumnado para enfrontar con confianza e creatividade os desafíos que se presenten. Distínguese pola calidade académica, estimulando o pensamento crítico, a curiosidade e o amor pola aprendizaxe; polo plurilingüismo dende moi cedo, preparándoos para un mundo globalizado; por un enfoque integral no que fomentan o desenvolvemento académico, emocional e social do alumnado, buscando que acaden o seu máximo potencial; pola metodoloxía innovadora, dinámica e adaptada ás necesidades de cada estudante; por unha educación inclusiva nun ambiente respectuoso e diverso, onde se valoran todas as culturas e perspectivas; polo acompañamento personalizado no que se respecta o ritmo e as necesidades de cada alumno. O profesorado traballa moi comprometido con estes obxectivos en todos os niveis e dende os diferentes departamentos.
A Educación Infantil baséase nun enfoque integral que fomenta o desenvolvemento cognitivo, emocional e social dos nenos. A través de proxectos innovadores, os pequenos aprenden de forma lúdica e significativa, explorando o seu arredor e potenciando a súa creatividade.
Tecnoloxía, plurilingüismo e disciplinas artísticas
Dende o departamento de Ciencias e Tecnoloxía do colexio Sagrada Familia de Aldánfomentan as vocacións científicas e tecnolóxicas, desenvolvendo proxectos dentro da aula e participando en eventos como Galiciencia, CinVigo, Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil, Semana Cultural do colexio, participación en varios concursos a nivel autonómico e nacional como Prensa-Escola e Nanocientíficas en 60 segundos, Telecogames, Concurso R7 polo planeta, da Fundación Ibercaja visitas ao centro de diferentes especialistas neste ámbito.
No ámbito das humanidades, promocionan de xeito moi significativo a creación literaria e as disciplinas artísticas: teatro, música, danza e as artes plásticas. Desde moi cativos, fomentan o gusto e o goce por todas elas, xa non só como materias curriculares, senón como aprendizaxes que enriquecen o alumnado como persoas, mellorando a súa autoestima, e como comunidade, fortalecendo as relacións sociais. Realizan representacións teatrais en todos os niveis e desenvólvense proxectos como Ukelele na aula; Ti tamén podes tocalo!, no que calquera alumno pode probar a tocar outros instrumentos tendo como mestres aos seus compañeiros; Ronsel de Seu, que é un proxecto de teatro que se desenvolve nas materias de L. Galega e Oratoria.

O centro fomenta o desenvolvemento das disciplinas artísticas. / Cedida
Fomentan un ambiente onde galego e castelán conviven en igualdade, enriquecendo a competencia lingüística do alumnado. Ademáis, apostan polo dominio de varios idiomas desde Educación Infantil, integrando o inglés de forma natural. En Primaria impártese Arts & Crafts, facilitando a súa aprendizaxe mediante actividades creativas, en Secundaria realízanse conversacións en Inglés en pequenos grupos, estudando, tamén, nesta etapa o francés como segunda lingua extranxeira.
Como complemento moi enriquecedor, os estudantes desde 6º de Primaria hasta 4º ESO poden viaxar a Irlanda cada verán para perfeccionar o seu inglés nunha contorna nativa.
Traballan con Google Workspace for Education para xestionar tarefas. Ferramentas como Google Drive e Google Docs facilitan o traballo en equipo e a comunicación en tempo real. Desde 4º a 6º de Primaria, empregamos Snappet, como complemento aos libros, permitíndolles aos estudantes avanzar ao seu ritmo e reforzar contidos de maneira interactiva. Ademais, participan no programa Polos Creativos, onde o alumnado aprende robótica, programación e deseño, desenvolvendo habilidades clave para a innovación e a resolución de problemas. Máis que integrar tecnoloxía, buscan desenvolver competencias dixitais e sociais.

O plan de estudos do colexio inclúe a participación en eventos científicos. / Cedida
Orientación
O colexio Sagrada Familia de Aldán dispón dun servizo de atención psicopedagóxica dirixido a toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias. Está formado por profesionais con experiencia no ámbito da psicoloxía e pedagoxía que desenvolven actuacións de detección de necesidades educativas, acompañamento e apoio educativo, así como de orientación académica e profesional. O departamento conta cunha orientadora, unha especialista en Pedagoxía Terapéutica e unha especialista en Audición e Linguaxe.
O labor da ANPA
A ANPA está moi involucrada e comprometida co bo desenvolvemento do centro, participando nas distintas celebracións e eventos e promovendo diversas actividades para o enriquecemento do alumnado.
Ofrecen un calendario de actividades extraescolares de luns a venres que abranguen disciplinas de artes e cultura como cociña, pintura ou baile; deportes como o balonmán; idiomas con clases inmersivas de inglés e STEM con robótica e programación. Ofrécense tamén durante o curso e para toda a comunidade educativa diversas charlas sobre apego seguro, uso das novas tecnoloxías e educación emocional.
- Armón Vigo se estrena en buques militares con la botadura del «HMS Sälen», el primer barco para la Armada de Suecia
- El desfile aéreo de las Fuerzas Armadas: «Una exhibición con la precisión de una operación quirúrgica»
- El padre César Mañueco, el joven monje que guía el Monasterio de Oseira: «Los que estamos aquí no venimos de Marte»
- Comerciantes y hosteleros empiezan a pagar cuotas voluntarias de 50 euros para el contencioso contra la subida de la basura
- Una jueza de Vigo condena a una empresa de fotografía por dejar a los novios sin el álbum de su boda
- Un nuevo proyecto en Pinténs amplía la oferta turística de Cangas con un campamento denominado Cova das Minas
- Stellantis 'entrega' al grupo chino Dongfeng la «joya» de Citroën en Francia
- Las mejores despedidas