Cuntis xa arrecende a lacón
A localidade pontevedresa celebra esta fin de semana unha nova edición do Tapalacón
Un total de nove establecementos da vila ofrecerán os seus petiscos a un único prezo de 1 euro

Ambiente nun dos establecimientos participantes do Tapalacón 2024. / Cedida
M. González
A Festa do Lacón con Grelos de Cuntis terá lugar o vindeiro 9 de marzo. Antes, e tal como ven acontecendo os últimos anos, a localidade ofrecerá esta fin de semana o aperitivo máis axeitado para a ocasión: o Tapalacón, no que un total de nove establecementos hostaleiros da vila ofrecerán, a un único prezo de 1 euro, elaboracións co lacón como protagonista. Con esta iniciativa, o Concello de Cuntis pretende promover a gastronomía local nás vísperas do seu día grande e dinamizar así a súa actividade.
O Parladoiro, A Tenda da Ponche, La Morena, A Bolera, O Fogar do Pensionista, O Traspaso, O Paseo, Don Manuel e O Moncho serán os negocios hostaleiros da vila termal pontevedresa donde poderemos deleitarnos con estes saborosos petiscos co lacón como principal ingrediente.
Horarios

O lacón, principal protagonista dos petiscos. / Cedida
Coa intención de unificar a oferta dos diferentes establecementos, a organización do certame estableceu uns horarios para poder degustar as tapas. Serán o venres 21 e sábado 21 de 19.00 a 23.30 horas, e o domingo 22 de 12.30 a 15.30 horas.
Como non podía ser doutro xeito, o Tapalacón non só destaca pola súa oferta culinaria, senon tamén polas propostas musicais dos grupos que animarán as rúas, bares e prazas. Desta volta, os encargados serán a Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis, a Charanga Mil9 e o grupo Hai Que Roelo.
A proximidade nas datas de celebración do Tapalacón, o Entroido e a Festa do Lacón con Grelos, reforza a identidade cultural e gastronómica de Cuntis, consolidándoa como un destino destacado para os amantes da boa mesa e das nosas tradicións.
- Eclipse de Sol en Vigo y Galicia | Consejos, horarios y dónde ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Se entrega en la Guardia Civil tras 20 días fugado el conductor que embistió a un coche de la Policía Local en Salceda
- Restaurantes y hoteles vigueses ya cuentan con una lista negra de clientes conflictivos
- Los camiones del Combo Dominicano se atascaron en Trives pero la orquesta tiró de entrega y talento para mantener la gira: «Nos hicisteis disfrutar igual que siempre»
- Roca Rey y José Tomás, dos figuras para dos «No hay billetes»
- El parque acuático de Monterrei dispara la afluencia de visitantes con los nuevos toboganes: «es mucho más completo»
- Rumbo directo a Vigo desde Irlanda: The Corrs deja 'sin aliento' a Castrelos
- Rebajan la pensión de 13.000 euros mensuales de una viguesa y sus hijos porque deben adaptarse al nuevo «nivel de vida»