Redondela, turismo sostible
O Concello presume dun espectacular patrimonio natural e histórico, coa enseada de San Simón como a gran xoia da ría

Illa de San Simón. / Concello de Redondela
Redondela conta con espazos naturais privilexiados e unha historia de séculos escrita en pedra nas súas rúas e edificios. A illa de San Simón, que será declarada “Lugar de Memoria Democrática”, é a xoia da Ría de Vigo. Esta paraxe, na enseada de San Simón, reúne as dúas cousas: patrimonio natural e patrimonio histórico. Conta cunha paisaxe natural e unha biodiversidade únicas. Ao mesmo tempo atesoura un pasado digno de ser coñecido, porque ao longo da historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, campo de concentración e fogar para orfos.
O Concello de Redondela, presente en FITUR, ofrece un turismo de natureza e experiencias. A intención é “poñer en valor o patrimonio natural, paisaxístico e histórico do municipio a través do turismo”,sinala a alcaldesa Digna Rivas. A Enseada de San Simón “é un recurso con moitísimas posibilidades e para público de todas as idades”.

A Festa da Coca convértese cada ano nunha oportunidade única para visitar Redondela. / Concello de Redondela
O Concello de Redondela, presente en FITUR, ofrece un turismo de natureza, cultural e de experiencias, con actividades como kaiak, bicicleta ou visitas guiadas
A oferta turística do Concello inclúe actividades de natureza e lúdicas “para vivir experiencias como remar nun kaiak pola enseada, saír en bicicleta para coñecer a fauna e a flora, rutas guiadas por antigos muíños ou a visión do ceo nocturno”, explica a concelleira Rita Pérez Táboas. O turismo mariñeiro é outro dos atractivos de Redondela, con rutas para coñecer de primeira man o marisqueo a pé, e a flote, ou a pesca do choco.
Por outra banda, ofrécense ao longo do ano visitas polo casco vello da vila para coñecer a súa historia e os edificios máis emblemáticos, o cemiterio dos Eidos ou xoias arquitectónicas ferroviarias do século XIX como son os viadutos de Madrid e de Pontevedra.
Patrimonio histórico e natureza é o que ofrece tamén o Camiño de Santiago, do que Redondela goza por partida dobre, xa que na vila conflúen o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa, as dúas rutas que máis medra en número de peregrinos.

Marisqueo na Enseada San Simón. / Concello de Redondela
Redondela tamén é cultura e tradición, con grandes celebracións ao longo do ano como a Festa da Coca, coas ancestrais danzas das Penlas e as Espadas, eventos gastronómicos como a Festa do Choco e grandes propostas artísticas como o Festival Internacional de Títeres, ademais dunha ampla e variada programación cultural ao longo de todo o ano.
Redondela aposta por un turismo de calidade e sostible, lonxe das masificacións. A oferta turística, baseada no patrimonio natural e histórico, permite compaxinar actividades para o disfrute dos visitantes co respecto ao medio ambiente. O Concello traballa tamén nun Decálogo de Boas Prácticas que servirá de guía ao sector turístico “para poñer en valor o seu traballo e promover un turismo de calidade, sostible e cunha mellor experiencia para os visitantes”, sinala a concelleira Pérez Táboas.
- El radical cambio físico de Iogur días después de ser devuelto a la protectora de Tui tras una adopción fallida
- Localizan en un albergue de A Coruña a la mujer que se buscaba desde ayer por mar y aire en Rande
- «Conducir en Vigo es como jugar al juego del calamar»: el vídeo viral de una mujer cogiendo esta mítica rotonda al revés
- Marián Mouriño: «Siendo niña llevábamos las partes del cerdo para hacer el cocido en México»
- Juicio por presuntos abusos tras una boda en Nigrán: «Sí que te metí mano; qué asco me doy»
- Registros en Ourense y Xinzo en una causa secreta con 4 detenidos y un espectacular despliegue de la Guardia Civil
- La Xunta se abre a extender la caza sin límite del jabalí más allá de este domingo
- El mejor café de España se prepara en Vigo, un año más