Año Nuevo Arousa

Ribadumia proxecta novas instalacións fotovoltaicas

Castro y Tourís observan las obras que se están realizando en Cabanelas.

Castro y Tourís observan las obras que se están realizando en Cabanelas. / FDV

M. González

O Concello de Ribadumia mantivo ao longo dos últimos meses unha forte aposta por este tipo de instalacións. A derradeira foi a colocada sobre o tellado da Casa Consistorial para autoconsumo de estas dependencias.

Con esto esperan mellorar a eficiencia enerxética e unha “notable” reducción da factura eléctrica, “podendo investir os fondos empregados noutros fins, de cara a mellorar a calidade de vida da veciñanza”, explicaron fontes municipais.

Estas instalacións destacan tamén polo seu aporte beneficioso para o medio ambiente, xa que con elo apóstase por unha enerxía limpa como é a solar.

A instalación consta de 16 paneis cunha potencia unitaria de 455 Wp (Vatios pico), “facendo un total de 7,28 kW de potencia total. O inversor ten unha potencia de 7,00 kW. Así, a potencia nominal da instalación será de 7,00 kW, por ser a potencia máis baixa, considerando a potencia do campo fotovoltaico e do inversor». O seu custe foi de 11.410 euros dos cales, 7.680 euros foron cubertos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) con fondos europeos Next Generation. 

Tracking Pixel Contents