Año Nuevo Arousa

Obras entre András e Baión, tras unha década de parón

O alcalde de Vilanova estivo acompañado por representantes da Deputación de Pontevedra

Visita de autoridades ás obras de asfaltado.

Visita de autoridades ás obras de asfaltado. / Iñaki Abella

M. González

O rexidor local, Gonzalo Durán, recibía a visita de autoridades provinciales para a inspección dos traballos levados a cabo neste tramo, consistentes na reposición da capa de rodadura ao longo de 500 metros (entre os puntos kilométricos 2,5 e 3) e nuns 5.000 metros cadrados. O custe estimado dos traballos ascenden a 160.000 euros e, como todos os derivados do acordo marco de obras de conservación de firmes na rede viaria, permiten correxir o estado do pavimento das estradas provinciais.

«Despois de todos estos anos de espera, os veciños de Baión por fin poden ver un tramo desta estrada mellorado, e deben ter claro que seguimos a dar pasos para completar o que falta», manifestaba Durán durante a visita de autoridades, ante a presenza de dous representantes da Deputación provincial de Pontevedra, o vilanovés e tenente de alcalde, Javier Tourís, e a responsable provincial de infraestructuras públicas e movilidade, Isabel Couselo.

TEMAS

  • obras
  • Vilanova
  • Baión
  • András
Tracking Pixel Contents