Novo Ano Pontevedra

O reclamo gastronómico de Cerdedo Cotobade

Petote, requeixo ou filloas, algunhas das súas propostas ao longo do ano

A Festa do Petote é unha das máis multitudinarias no Concello de Cerdedo Cotobade.

A Festa do Petote é unha das máis multitudinarias no Concello de Cerdedo Cotobade. / FdV

M. González

Cerdedo-Cotobade pode presumir de contar con varias citas gastronómicas que, ano tras ano, delentan a veciños e visitantes.

A Festa Gastronómica da Filloa e da Virxe do Libramento do 30 de agosto ao 1 de setembro chegaba neste 2024 á súa 46 edición, na parroquia de Valongo. Outra das citas máis importantes para o Concello é a do Petote. Máis de 600 comensais déronse cita para dar conta do máis de medio milleiro de racións deste cocido co popular petote, nos oito establecementos hostaleiros de Cerdedo-Cotobade colaboradores deste ano coa Festa do Petote. O menú constaba de costela, lacón, chourizo de carne e ceboleiro, patacas, verdura, cabeza, petote e postre, a un prezo común de 23 euros por persoa. Houbo animación de rúa a cargo da charanga Os Festicultores, que quentaron o ambiente previo á degustación popular gratuita do petote en A Chan. 

Pola súa banda, a festa do Requeixo da Corredoira dispuxo dunhas 250 pezas, que se venderon a un prezo medio de 15 euros. Moisés Fraguas, presidente da comsión organizadora dos festexos, manifestaba na presentación da cita que «son pezas únicas, moi frescas e saborosas ao facerse con moita leite, entre sete e oito litros por unidade, e por iso teñen boa fama.

Para facer un requeixo dun quilo bótaselle o callo e logo de estar 24 e 36 horas a callar ponse nun recipiente (un cilindro de 12 centímetros de diámetro e 35 centímetros de altura e con buracos) por onde vai soltando o soro. Tense así durante dous días e cando está o suficientemente sólido sácase para comelo fresco con azucre ou mel, aínda que hai quen lle bota viño ou coñac».

Tracking Pixel Contents