Año Nuevo Arousa

Máis de 300 persoas danse cita na Festa dos Muíños

O certame tivo lugar, como cada ano, a derradeira fin de semana de xullo nas inmediacións do Muíño de Lores

Ambiente na Festa dos Muíños.

Ambiente na Festa dos Muíños. / A. Irago

M. González

Fiel á súa cita con Meaño cada último fin de semana de xullo, a área recreativa do Muiño do Ferreiro (Lores) congregaba a un total de 320 comensais con motivo da vixésima Festa dos Muiños de Meaño que, como cada ano, organiza o Concello.

Carpas Pontevedra foi a encargada do catering deste ano, para o cal prepararon un total de 300 kilos de polbo e 200 de carne con patacas para a “carne ao caldeiro” que sería o prato principal.

A partir das 12 do mediodía comezaron a chegar os primeiros comensais. O grupo de gaitas Os Carballeiras de Vilariño (Cambados) foron os engargados de amenizar a xornada cos seus ritmos tradicionais.

Nun ambiente festivo e de boa veciñanza, arredor das 14:30 horas comezaba e servirse o xantar entre os presentes a base de empanada, “pulpo á feira” e carne ao caldeiro, con vinos Rías Baixas e Barrantes, como non podía ser doutro xeito.

TEMAS

Tracking Pixel Contents