Novo Ano Pontevedra

Juan Manuel Rey deixa a alcaldía de Caldas despois de 18 anos

O número 2 do PSOE da localidade, Jacobo Pérez, será o candidato para ocupar o posto

Juan Manuel Rey no seu despacho.

Juan Manuel Rey no seu despacho. / FdV

M. González

O alcalde socialista de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, puña o punto e final á súa traxectoria política tras 18 anos no cargo. Rey despedíase oficialmente dos seus veniños e veciñas, visiblemente emocionado, dos funcionarios municipais e dos compañeiros de corporación, poñendo punto e final a 30 anos «máxicos» na política local. «Ser alcalde de Caldas foi unha licenza que me petmitiu a vida. Eu non inaugurei este pobo nin aspirei a deixalo rematado, pero sí estou moi orgulloso do traballo feito».

O concelleiro Jacobo Pérez Gulín, número dous do PSOE de Caldas, será o candidato para ocupar o cargo de alcalde, a quen Juan Manuel Rey lle transmitía un consello na súa despedida: «Que sexa él mesmo, que traballe duro, que haberá días moi bos e días moi malos».

Nas súas declaracións, o xa ex-alcalde manifestaba que «é tempo de construír o futuro, e para eso fan falta novos liderazgos».

Tracking Pixel Contents