Año Nuevo Arousa

A Festa do Viño de Meaño roza as 4.000 botellas

Actos protocolarios do certame deste ano.

Actos protocolarios do certame deste ano. / T. Hermida

M. González

A vixésimo terceira edición da Festa do Viño de Meaño vendeu un total de 3.800 botellas, o cal supuxo un incremento de máis do 70 % con respecto ao ano pasado. A veintena de bodegueiros presentes no certame amosaba a súa satisfacción cos resultados obtidos na cita deste ano.

Este bo sabor de boca tamén se extendeu á sección de cociña, donde se admitía que “servíronse arredor dunhas 3.000 raciones ao longodos tres días, e o domingo foi especialmente bo cando críamos que podía ser xa un día á baixa”.

Esta cifra de ventas aproximábase aos rexistros do ano no que se batiran todos os rexistros, en 2009, con aquel récord de 4.900 botellas vendidas, se ben é certo que, daquelas, a festa duraba catro ou cinco días polos tres que dura na actualidade.

Tracking Pixel Contents