Año Nuevo Arousa

A Concha Compostela, libre de cadillo

Traballos de retirada de cadillo na praia de Compostela.

Traballos de retirada de cadillo na praia de Compostela. / Iñaki Abella

M. González

Cunha inversión de 500.000 euros por parte do estado, as obras de eliminación de cadillo e rexeneración das praias da Concha e Compostela afectaron a unha superficie de 65.000 metros cadrados.

Tanto o xefe provincial de Costas como os responsables de Tragsa en Galicia e o director de obra comprometíanse a axilizar os traballos para que a actuación rematase o antes posible, despois do retraso que acumulaba obra, que inicialmente estaba previsto comezar no mes de novembro do ano anterior. A comezos de xullo, comezaba a apertura gradual das praias, coa retirada dos valados da zona da Concha máis próxima ao peirao do Ramal e do piñeiral.  

Tracking Pixel Contents