Año Nuevo Arousa

Brindis pola uva «folla redonda»

Brindis na carpa.

Brindis na carpa. / Iñaki Abella

M. González

A Festa do Viño Tinto do Salnés reinvindica un ano máis a regularización da uva “folla redonda”. O pregón de Virtudes la Repunante foi un dos altofalantes para esta causa. “Non sei qué chegará antes, se o final de Luar ou a regularización do Tinto”, manifestaba con humor a pregoeira durante o seu discurso.

A Carballeira de Barrantes foi o escenario un ano máis da cita, na que se acolleron tamén os actos oficiais, como a investidura dos novos valedores, ou veintena de catadores puntuando os viños finalistas, dos que sairían os 12 gañadores, seis na categoría de Barrantes e seis na de autóctonos. Finalizado este acto, tivo lugar a degustación gratuita de viño tinto, acompañado de pan de millo e chourizo.

O sábado, día grande da Festa do Viño Tinto do Salnés, os establecementos hostaleiros da localidade e a carpa instalada na avenida Bouza Martín ateigáronse de xente con gañas de desfrutar da oferta local.

No referido ao xantar oficial deste ano, en total foron 920 personas as que se deron cita para comer, disfrutando con máis calma que noutras ocasións. Tal como manda a tradición, este xantar oficial foi servido pola pulpería Aurora, e o menú estivo composto de empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro, e de postres rosca e as afamadas fresas con viño tinto. Todo ello, como non podía ser doutro xeito, regado con caldos de Barrantes.

O alcalde de Ribadumia, David Castro, afirmaba no brindis oficial da cita, que este ano superaba xa o medio século de traxectoria, que a declaración oficial da «folla redonda» será unha realidade entre os anos 2026 e o 2028. Que así sexa!

Tracking Pixel Contents