Novo Ano Pontevedra

Un ano de proxectos rematados

O Centro de Día Público abríu as súas portas, e o novo Centro SocioCultural encara a súa recta final

Avance das obras do centro cultural.

Avance das obras do centro cultural. / FdV

M. G.

O novo Centro Sociocultural de Marín, o auditorio que se está a executar en terreos portuarios xunto á praza de España, encara a súa recta final, tanto no exterior como no interior.

Desde o goberno local aseguran que «de momento, tal e como se vai certificando, o avance das obras está cumprindo os tempos previstos, toda vez que o prazo no plan de obra aínda marca un horizonte situado no primeiro trimestre de 2025».

Centro de día público

 ⁠Unha das grandes apostas sociais do Concello de Marín para este ano foi unha realidades. Trátase da apertura do Centro de Día Público. Ademáis, tamén se preparou a licitación do Servizo de Axuda no Fogar por un total de 7 millóns de euros, o contrato máis alto do concello ademáis do RSU. O contrato, de dous anos de duración con outros dous de prórroga, recolle unha previsión anual de 70.500 horas de servizo ao ano. A empresa Idades foi a adxudicataria do servizo. Trátase dunha prestación básica xestionada polo departamento municipal de Servizos Sociais que presta axuda a familias con persoas dependentes ao seu cargo.

Tracking Pixel Contents