Felices festas dende o Morrazo!
Así celebran o Nadal os concellos da comarca
As actividades para os máis pequenos da casa conxúganse con eventos para todo tipo de gustos e idades
O Nadal non é só unha época para gozar da compañía dos nosos seres queridos, tamén é tempo de aproveitar, a pesar do frío, nas rúas das nosas vilas e na comarca do Morrazo saben ben como facelo.
Por exemplo, o Concello de Bueu ten unha axitada axenda de eventos especialmente pensada para os cativos. A carpa de As Lagoas é o epicentro da programación: alí se desenvolverán espectáculos coma o do Mago Paco (30 de decembro ás 19:00 h) ou ‘Badaladas miúdas’, de Peter Punk (día 31, 11:30 h). Tamén será o espazo onde recibirán aos máis pequenos tanto Papá Noel, o día 24; O Apalpador, o 26, e os Reis Magos, o día 5 de xaneiro.
Ademais, Bueu acolle diversas actuacións musicais, competicións deportivas e un concurso de decoración no que poden participar tanto os comercios da zona como asociacións e veciñanza.
Programación de Nadal en Cangas e Moaña
Noutro punto do Morrazo, no Concello de Cangas, tamén se leva a cabo un certame similar, aínda que está destinado exclusivamente ao comercio local. Outro concurso activo no municipio é o de postais, no que poden participar nenos de 3 a 15 anos.
Para despedir o ano, o municipio acollerá pasarrúas de diferentes asociacións culturais os días 26, 27, 28 e 30. E o día 28, ademais, celebrará as prebadaladas de Fin de Ano na rúa Eugenio Sequeiros (20:00h). O programa complétase coa visita do Paxe Real (3 de xaneiro), as danzas de Reis a cargo da Asociación Cultural Lembranzas da Ría (día 4, 11:00 h) ou concerto de Aninovo da Orquestra Clásica de Vigo (día 4, 20:00 h). O 5 será a cabalgata de Reis.
Moaña, pola súa parte, festexa o Nadal cunha carpa instalada no paseo marítimo onde se celebrará unha gran festa de Noiteboa, outra con motivo de Fin de Ano e unha festa na Noite de Reis. Pero as actividades non se limitan a ese único espazo.
O Concello organiza unha sesión de cine no C.S Daniel Castelao o día 26 ou espectáculos teatrais infantís no Espazo Nadal-alto da praza de abastos o 27. Nese espazo desenvolverase o Festival de Panxoliñas durante a última fin de semana do ano e eses días tamén haberá torneos de fútbol solidarios nas parroquias de Moaña e Domaio.
Así mesmo, o 31 de decembro celebraranse as pre-badaladas de Fin de Ano nos Xardíns do Concello (12:00 h) e, pola tarde, os rapaces terán a súa propia festa na Casa da Mocidade. Finalmente, Moaña acollerá o 4 de xaneiro o Bando de Reis (19:30h) e o 5, os Reis Magos desfilarán polo municipio.
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- No era Carlo Costanzia: el miembro de la familia Campos que podría fichar por 'Supervivientes 2025
- Portugal lanza una alerta por lluvia, viento e inundaciones que llega a Galicia
- Retiran la incapacidad absoluta a un operario del Náutico de Vigo con mieloma: «Puede trabajar en ambientes sin contaminación»
- Aparece muerto flotando en el muelle de Aldán
- Vigo desvela las fechas de la Fiesta de la Reconquista 2025
- La «maravilla natural» que National Geographic recomienda visitar en 2025 está en Vigo: «Parece sacado de un cuento»
- Un buque de Grimaldi pide asistencia entrando en Vigo al quedarse sin motor frente a Monteferro