Bueu celebra un Nadal para toda a familia
Espectáculos de maxia, música ou obradoiros completan a programación municipal para estas festas no concello, que se alongará ata o 6 de xaneiro
O Concello de Bueu presenta unha programación ampla e variada para este Nadal, moi centrada nas familias e a cativada. O pistoletazo de saída foi o 5 de decembroco acendido das luces no Parque Ramal dos Galos.
Hoxe, 24 de decembro, o artista local Tino Resille impartirá entre as 11 e as 13 horas uns obradoiros de Nadal na carpa de As Lagoas para nenos e nenas de 7 a 12 anos.
Por outra banda, o día 26 a partir das 18 horas, no Centro Social do Mar, haberá sesión familiar de cinema. Ó día seguinte, no mesmo horario, virá á Casa da Aldea de Meiro o espectáculo «O Apalpador e os monifates» e o 30, o Mago Paco actuará na carpa de As Lagoas (19:00 h). Para rematar o ano, o día 31 Peter Punk voltará a Bueu con «Badaladas miúdas», ás 11:30 horas.
Xa en xaneiro, o día 2, Henriko - O feiticeiro estará no mesmo espazo á mesma hora. O venres 3 será a tradicional xincana infantil organizada pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Bueu (ACIBU) na carpa a partir das 17 horas. E o 4 de xaneiro, a Biblioteca Municipal de Cela acollerá ás 11 horas un obradoiro de Nadal co artista bueués Marc Taeger.
Igualmente, os nenos do municipio recibirán a visita de Papá Noel (24 de decembro, de 16h a 19h) e O Apalpador (día 26, ás 11h) na carpa de As Lagoas, mentres que os Reis Magos chegarán o 5 de xaneiro, ás 11:00 horas, ao peirao nas embarcacións tradicionais. Tras recibir aos nenos na carpa, desfilarán polo casco urbano sobre as 17:00 horas.
Ao ritmo da música
O Nadal sempre é unha época na que a música soa por todos os recunchos. As rúas de Bueu estarán amenizadas o 28 de decembro con Cantos de taberna de Peis D’ Hos e o 29 coa Rondalla de Zamáns. Así mesmo, dende Retrouso de Cela seguen coa recuperación do Bando de Nadal o 24 e o 25 polas rúas da parroquia de Cela.
O 28 será, ás 20 horas, o Festival Solidario da Asociación Española Contra o Cancro, e a festa de Amodiño no Pavillón de Bueu. O 4 de xaneiro, á mesma hora, poderase gozar dun concerto de gospel, ambos no Centro Social do Mar. Ademais, na madrugada do 31 de decembro, a orquestra Distrito 7 estará na carpa de As Lagoas para despedir o ano e darlle a benvida ao 2025.
En Reis, a Asociación Cultural Santos Reis organiza a tradicional Romaría de Reis, na que actuarán o grupo Os Liboreiros.
Deporte e moito máis
Por último, a programación de Nadal complétase con diversas competicións deportivas (información completa dispoñible na web oficial do Concello de Bueu) e a final do II Concurso de Decoración de Nadal. O 7 de xaneiro remata o prazo de participación (os interesados poden inscribirse en cultura@concellodebueu.gal). Os gañadores daranse a coñecer despois dese día e os premios están divididos en tres categorías: individual, colectiva e negocios.
- Muere abrasado por las llamas dentro de su vehículo en Redondela
- Muere uno de los atracadores históricos implicados en el gran golpe de Gran Vía
- Un buque de Grimaldi pide asistencia entrando en Vigo al quedarse sin motor frente a Monteferro
- Una mujer divorciada recurre al Constitucional para evitar que ella y su hijo sean desahuciados
- La Guardia Civil aborta una macropelea con más de medio centenar de menores en Cangas
- «Por la Lennon pasó lo mejorcito de la música española del momento»
- La batalla de los sacerdotes enamorados: 'El tabú se está rompiendo y no nos vamos a rendir
- Se masturba y eyacula detrás de una mujer que daba de comer a unos gatos en una calle de Vigo