Especial Navidad

Aprendizaxe e vida, «unha ponte cara o futuro»

O Colexio Eduardo Pondal aposta por un modelo educativo integral que pon os valores, a natureza e a colaboración coa comunidade no centro para inspirar ao alumnado

No Colexio Eduardo Pondal, a contorna natural non só é o escenario, senón que tamén actúa como mestra.

No Colexio Eduardo Pondal, a contorna natural non só é o escenario, senón que tamén actúa como mestra. / Colexio Eduardo Pondal

Nun mundo cada vez máis interconectado, pero tamén máis desconectado do esencial, educar ás novas xeracións implica mirar máis aló da aula. Isto supón elaborar un modelo educativo integral que poña no centro a natureza, os valores e a colaboración coa comunidade para así comezar a camiñar cara a unha aprendizaxe significativa.

No Colexio Eduardo Pondal, a contorna natural non só é o escenario, senón tamén o mestre. Os espazos ao aire libre convértense en aulas vivas que fomentan a curiosidade innata a través da exploración e do pensamento crítico, desenvolvendo desde idades temperás unha sensibilidade cara á natureza que motiva o alumnado a comprender e protexer este espazo. Ademais de desenvolver as súas habilidades cognitivas, este contacto directo co medio natural tamén enriquece o seu benestar emocional e físico.

O Colexio Eduardo Pondal aposta por un modelo educativo integral.

O Colexio Eduardo Pondal aposta por un modelo educativo integral. / Colexio Eduardo Pondal

Sumado a este enfoque naturalista, o colexio prioriza a integración da comunidade educativa con outras circundantes, especialmente as familias, que desempeñan un rol fundamental. Preténdese así tecer redes conectoras e evitar a concepción do colexio como un órgano illado.

A comunicación entre as familias e a escola enténdese como parte activa da aprendizaxe dos seus fillos e fillas. Este lazo fortalece o tecido educativo e reforza os valores que promoven dentro da aula, como o respecto, a empatía, a escoita activa e a cooperación. As familias non só son o primeiro entorno educativo dos nenos e nenas, senón tamén unha fonte constante de apoio emocional. Involucralas na vida escolar fortalece os vínculos e potencia a aprendizaxe, pois os pequenos séntense máis seguros e valorados ao percibir a implicación dos seus seres queridos.

Como parte da rede de Escolas Asociadas á UNESCO, o Colexio Eduardo Pondal promove unha educación que fomenta a paz, o desenvolvemento sostible e o respecto pola diversidade cultural. Por iso, forma parte do programa KiVa, unha estratexia finlandesa contra o acoso escolar que asegura un clima de aprendizaxe seguro e respectuoso para todos e todas. Este programa aborda o problema desde unha perspectiva integral, educando os estudantes para identificar, previr e afrontar calquera tipo de bullying.

Alumnos del Colexio Eduardo Pondal.

Alumnos del Colexio Eduardo Pondal. / Colexio Eduardo Pondal

A través das dinámicas do día a día, empodérase o grupo como testemuña activa, promovendo a acción colectiva onde a tolerancia e a empatía sexan as protagonistas. As actividades interactivas e as dinámicas grupais axudan a reforzar valores como o respecto e a igualdade, mentres que o seguimento continuo asegura que os esforzos sexan sostibles e efectivos.

Por outra banda, o programa LÓVA (A Ópera como Vehículo de Aprendizaxe) toma protagonismo, permitindo que o alumnado desenvolva habilidades de traballo en equipo, expresión artística e autocoñecemento. Esta metodoloxía innovadora conecta a educación emocional coas artes, ofrecendo unha experiencia transformadora.

«A nosa misión é formar persoas íntegras, conscientes da súa realidade e capaces de contribuír a unha sociedade máis xusta, emocionalmente dispoñible e sostible. Este modelo educativo, que combina natureza, valores e educación emocional, é unha ponte cara ao futuro, onde a aprendizaxe vai da man coa vida», explican desde o Colexio Eduardo Pondal, onde cada día traballan para facer do seu centro «un espazo de crecemento para o alumnado, as familias e a comunidade». Unha aposta pola educación no seu sentido máis amplo e humano.

Tracking Pixel Contents