Este Nadal, premio por mercar no comercio local
Zona Aberta, Centro Comercial Aberto de Vilagarcía, sortea ata 3.000 euros en vales de compra para gastar en comercios adheridos
M. González
Zona Aberta de Vilagarcía dá o pistoletazo de saída á súa campaña de Nadal, unha das máis agardadas do ano. A asociación sorteará un total de 3.000 euros en vales de compra entre todos os tickets de compra feita nos establecementos asociados ata o día de Reis.
Na presentación estivo presente o concelleiro de Promoción Económica, Álvaro Carou, e a presidenta de Cáritas, Mar Viqueira.
Tres chocolatadas, unha delas solidaria con recollida de xoguetes novos para Cáritas, o tradicional Nadal de Conto Disney, día de Fotos cos Paxes Reais na noria de Zona Aberta... En definitiva, unha morea de actividades que incentivarán as compras no comercio local e fidelizan aos clientes que, ano tras ano, apoian ao mercado de proximidade.
Ademáis, como cada ano, e encolaboración co Concello de Vilagarcía, están os bonos SondaCasa, que se esgotaron rapidamente na nova plataforma do Concello.
Finalista nos premios do Comercio Galego
A comezos do mes de decembro, a directiva de Zona Aberta estivo presente na gala dos premios do Comercio Galego convocados pola Xunta de Galicia, como finalistas na categoría Premio Dinamización 2024. Tal como rezaba o fallo do xurado, «logo de supervisar e valorar todas as candidaturas presentadas, comprácenos comunicarlle que a súa candidatura resultou unha das tres finalistas na categoría Premio Dinamización 2024».
«Resultar finalistas a nivel Galicia reforza o noso compromiso e gañas de seguir traballando a prol do comercio e hostalería local. E que a nosa asociación sexa valorada a nivel autonómico é ademais un honor e un foco de promoción que agradecemos» aseguraban desde a propia entidade.
Na gala, resultou premiado Vicente Abalo, do comercio Ventos (Titos), na categoría Premio Comercio Traxectoria, polo que «a nosa alegría polo seu éxito co premio, máis que merecido, reforza o dito anteriormente: Traballar polo comercio e hostalería, pola economía local en Vilagarcía, e como sempre na nosa longa historia -este ano cumprimos 30 como asociación- o noso compromiso de seguir facendo cidade».
Programación de Nadal
Venres 20
- 20.30 h.: Praza Independencia. CHOCOLATADA ZONA ABERTA. Na Aldea de Nadal.
Venres 27
- 18.00 a 20.00 h.: Praza España. CHOCOLATADA SOLIDARIA.Por xoguetes para Cáritas. Colabora caf. Mickey.
Sábado 28
- 17.30 a 19.30 h.: Polas rúas peonís. NADAL DE CONTO DISNEY. Personaxes de contos agárdante: Mickey, Minnie, Sully, Patrulla Canina.
Venres 3
- 18.00 h.: Rúa Castelao. CHOCOLATADA CON ROSCA.Presentando un ticket de compra feita nos comercios e hostalería asociados.
Sábado 5
- 17.00 a 19.00 h.: Rúa Castelao. FOTO PAXES REAIS.Saca a túa foto coa comitiva dos Reis Magos, na Noria de Zona Aberta.
Mércores 8
- 20.00 h.: Zona Aberta. SORTEO 3.000 € VALES DE COMPRA. Entre todos os tickets de compras feitas no Nadal nos comercios e hostalería asociados. Bases depositadas nos establecementos asociados.
- Rueda, sobre la manifestación de hoy en Vigo en defensa de la Sanidade Pública: «Van por otro lado de lo que siente la mayoría»
- Última llamada de auxilio de la protectora: «Los perros no salen a pasear desde octubre»
- Fallece en plena calle de un infarto en Oviedo después de que la ambulancia que iba a socorrerle se accidentase
- Detenido uno de los enlaces gallegos de la banda albanesa que trató de desembarcar 1.100 kilos de cocaína en Arousa
- Un buen chico y un gran amigo que siempre tenía una sonrisa
- El Celta lleva al límite al Madrid, pero contra 12 no puede
- Abren los primeros furanchos de Pontevedra, con un catálogo de 11 tapas a elegir
- Prórroga y polémica arbitral para despedirse de la Copa