Especial Navidad

Cambados Zona Centro, apoiando e dinamizando o comercio local

A entidade presidida por Juan Rey vive a súa particular campaña de Nadal, con sorteos de ata 2.000 euros en vales de compra

Navidad en Cambados.

Navidad en Cambados. / FdV

M. González

A asociación de comerciantes Cambados Zona Centro está a vivir as datas centrais da súa campaña de Nadal, na que as compras nos seus establecementos asociados poden supoñer premios en vales de compra de diferentes cantidades. O total ascende a 2.000 euros, que se repartirán en varios premios, un de 500, dous de 300, e outros tantos de 200 e cinco de 100 euros. O sorteo terá lugar o vindeiro 13 de xaneiro e poderase participar por todas as compras realizadas ata o 6 de xaneiro.

A entidade repartiu arredor de 200 vales entre os seus asociados. «O obxectivo é incentivar as compras no comercio asociado e esperamos que sexa un éxito como en anos anteriores», subliñaba o presidente da entidade, Juan Rey.

Rey confía en que a iniciativa posta en marcha polo colectivo que preside sirva para complementar a consolidada oferta do Concello como a Aldea, a exaltación de espumosos etc.

O concelleiro Tino Cordal quixo felicitar publicamente o traballo levado a cabo por Cambados Zona Centro ao longo de todo ano en apoio ao comercio local.

Programación de Nadal en Cambados

Ambiente de Nadal durante a noite do encendido.

Ambiente de Nadal durante a noite do encendido. / Noe Parga

Domingo 22

  • 19:00 horas: Celebración da XIV Gala de Nadal de Volandeira no Auditorio da Xuventude.

Luns 23

  • 12:30 h. Entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal organizado por Cambados Zona Centro.

Martes 24

  • Chegada de Papá Noel ás diferentes parroquias de Cambados. De seguido, a partir das 18.00 horas, recepción oficial no Concello.

Do xoves 26 ao sábado 4

  • Nadal en Peña, no Salón Peña.

Mércores 25 e mércores 1

  • 19.00 h: Bailes de Nadal e Aninovo, para a terceira idade, no Salón Peña.

Sábado 28

  • 20.00 h: Concerto de Nadal da Banda de Música de Castrelo. Terá lugar no Auditorio da Xuventude.

Domingo 29

  • 19.00 h: Cine, «As Neves», no Auditorio da Xuventude.

Martes 31

  • 12.00 h: Badaladas, uvas da sorte. Na praza Ramón Cabanillas. En caso de choiva trsládase ao Salón Peña.

Sábado 4

  • 20.00 h: Actuación de Greson Beat Box no Auditorio da Xuventude

Domingo 5

  • Pola mañá, nas parroquias e pola tarde, no centro de Cambados: Gran Cabalgata de Reis, con saída de San Tomé ás 18.00 h. Recepción na Praza de Fefiñáns. En caso de choiva, trasladarase ao Auditorio.

Luns 13

  • Sorteo da campaña de Nadal con 2.000 euros en premios.
Tracking Pixel Contents