Animación de rúa e sorteos de vales
Emgrobes, a través do CCA «De Tendas», sortea 1.800 euros en vales de compra e16 lotes de material escolar valorados nun total de 550 euros
M. González
A campaña de Nadal de EMGROBES, a través do Centro Comercial Aberto “De Tendas”, constará un ano máis de dous sorteos. Un, de vales compra por valor de 1.800 € e outro propio, neste caso de lotes de material escolar para nenos de máis de 500 €.
Para participar no primeiro deles pódese facer ata o día 6 de xaneiro incluído, e constará do sorteo de 1.800 € para O Grove, repartidos en diferentes vales compra entre os clientes do CCA que merquen nos establecementos participantes durante a campaña de Nadal de Emgrobes. E por outra banda, outro sorteo dirixido aos máis pequenos que escriban as cartas da asociación a Papá Noel, e as metan nos buzóns dos comercios participantes, xa que se sortearán 16 lotes de material escolar valorados en máis de 500€.
Este ano na campaña de Nadal para o sorteo dos vales de compra utilizarase o método tradicional. Será necesario cubrir os datos nos boletos e introducilos nunha urna para logo, entre todos os participantes que mercaran nos establecementos durante a campaña, seleccionar nun sorteo realizado o día 14 de xaneiro do 2025 os gañadores.
Os premios que se van sortear este ano son:
a) 1 Premio de 300 € en vales de compra do C.C.A. De Tendas
b) 2 premios de 200 € en cales de compra do C.C.A. De Tendas
c)11 premios de 100 € en vales de compra do C.C.A. De Tendas.
Material escolar
Como premio adicional, os clientes dos CCas que merquen durante a campaña nos establecementos, poderán participar no sorteo deste material cubrindo as cartas de Papá Noel e presentándoas nos propios establecementos ata o día 25 de decembro. A asociación fixo cartas e buzóns para animar aos máis pequenos a que as escriban con ilusión e tamén incentivar aos pais e nais para que as entreguen nos establecementos socios participantes a través dun sorteo de lotes de material escolar valorados nun total de 550 €. Desta maneira os cativos tamén recibirán o seu premio.
Aínda que os premios de 1.800 € en vales de compra son fundamentais tanto para fidelizar clientes como para volver a invertir no comercio local que tanto o precisa, a rapazada é a que se beneficia dos agasallos e das festas da campaña de Nadal de Emgrobes.
Se o tempo o permite a idea é animar a rúa Castelao o día 23 coa presenza de Papá Noel acompañado de animación musical a cargo de Discoteca Móvil, e unha chocolatada para combater o frío. O día 28 Emgrobes ten previsto realizar outra festa para grandes e pequenos na Aldea Comercial da Toxa, dinamizando esta zona comercial con DJ e xogos para os pequenos e pequenas.
E como colofón destas festas, e grazas á colaboración tamén do Concello, organizarase unha gran Festa pre badaladas o día 31 pola mañan, con inchables, música, e o reparto de doces para facer un ensaio xeral das uvas cos máis pequenos. Ademáis, na semana de reis, o venres 3 haberá xogos populares en Castelao e organizarase unha búsqueda do tesouro polos comercios. que contará con premios e agasallos para os nenos e nenas e tamén para os adultos que os acompañen,
A maxia do Nadal encherá a vila do Grove e sobre todo os negocios locais, que tanto o necesitan.
«Animamos á veciñanza a unirse pola economía local e mercar os agasallos na vila para axudar aos negocios e tamén para optar a todos estos premios».
- Rueda, sobre la manifestación de hoy en Vigo en defensa de la Sanidade Pública: «Van por otro lado de lo que siente la mayoría»
- Última llamada de auxilio de la protectora: «Los perros no salen a pasear desde octubre»
- Fallece en plena calle de un infarto en Oviedo después de que la ambulancia que iba a socorrerle se accidentase
- Detenido uno de los enlaces gallegos de la banda albanesa que trató de desembarcar 1.100 kilos de cocaína en Arousa
- Un buen chico y un gran amigo que siempre tenía una sonrisa
- El Celta lleva al límite al Madrid, pero contra 12 no puede
- Abren los primeros furanchos de Pontevedra, con un catálogo de 11 tapas a elegir
- Prórroga y polémica arbitral para despedirse de la Copa