Bibopalula, a primeira serie musical de debuxos en galego
Con Robin, Pegui, Carpin e Merli, os integrantes da Banda do Bosque, aprenderemos a importancia da curiosidade, o respecto dos ciclos da natureza, o valor da amizade e a maxia da música

Un proxecto de entretemento de calidade en galego para que as nenas e nenos de Galicia poidan aprender e divertirse na nosa lingua. / CEDIDA
Robin, Pegui, Carpin e Merli son catro paxariños, son músicos e levan as súas cancións alá onde van e cos que aprenderemos a importancia da curiosidade, o respecto dos ciclos da natureza, o valor da amizade e a maxia da música. Os catro forman a Banda do Bosque e son os protagonistas de ‘Bibopalula’, a primeira serie musical de animación en galego.
A trama de ‘Bibopalula’ xira ao redor dos acontecementos diarios do bosque no que viven os seus protagonistas. En capítulos breves, de aproximadamente 5 minutos, os catro amigos descubrirán algo que esperte a súa curiosidade e non pararán ata entender o que está acontecendo. Para iso, contan coa axuda doutros habitantes do bosque como o Señor Moucho, a Cegoña, o Pombo Mensaxeiro, o Capitán Pelícano ou a Señora Curuxa.

A Banda do Bosque protagoniza esta serie musical para primeiros espectadores. / CEDIDA
Andrés Mahía e Laura Mahía son os creadores desta ambiciosa serie que busca ser referencia para os espectadores primeirizos, ofrecendo un contido pensado e creado en Galicia por un equipo de empresas e profesionais locais. Os primeiros 20 capítulos da serie xa están dispoñibles en aberto a través de xabarin.gal e a aplicación Xabarín da Televisión de Galicia.
A música é a gran protagonista da serie, cada capitulo ten unha conclusión en forma de canción. Un tema orixinal que a Banda do Bosque interpreta nun videoclip ou ao vivo no escenario do bosque. Todas estas cancións foron compostas por Santi Jul e Iván Laxe, dous dos músicos máis recoñecidos do audiovisual galego. As voces dos personaxes principais póñenas Melania Cruz, Iria Lamas, Marta Lado, Marita Martínez e Xosé A. Touriñán.

A música é o elemento diferenciador de ‘Bibopalula’. / CEDIDA
Unha aposta polos contidos en galego
‘Bibopalula’ é un novo proxecto de Undodez para ofrecer entretemento de calidade en galego e que as nenas e nenos de Galicia poidan aprender e divertirse na nosa lingua. Como parte desta aposta, a serie contará con contidos complementarios para poder desfrutar máis alá das pantallas, coa edición de contos baseados nos personaxes, o lanzamento das cancións a través das principais plataformas de streaming e, da man de Ainé, os seus creadores están traballando tamén no espectáculo en vivo.
Para estar ao día de todas as novidades de ‘Bibopalula’, podes seguir as súas contas nas redes sociais Facebook e Instagram ou visitar bibopalula.gal, a plataforma de referencia desde a queacceder a todos os contidos da serie.
As aventuras da Banda do Bosque estarán dispoñibles na plataforma de contidos dixitais infantís da Televisión de Galicia. Logo destes 20 primeiros capítulos, a temporada completarase cun total de 55 episodios das aventuras de Robin, Pegui, Carpin e Merli.

Os ciclos da natureza están moi presentes nas tramas de ‘Bibopalula’. / CEDIDA
- El jefe de Las Cinco Jotas crea una nueva empresa tras cumplir su condena
- Adif confirma ahora el cierre de las líneas de ferrocarril a Vigo por dos incidencias en trenes de mercancías
- El yate en alquiler más grande de Galicia evita su hundimiento en Vigo: «El capitán salvó el 'Roma'»
- Renfe alarga el corte del tren a Vigo hasta el martes sin ofrecer alternativas
- La pesca local se apaga en Europa: el 86% del pescado y marisco que comen los europeos procede de terceros países
- La mayor aerolínea del mundo aterriza en Oporto y acerca Galicia a un destino intercontinental inédito
- El tren de borrascas que barre Galicia se alarga: los meteorólogos no ven el final
- «De Vigo al mundo»: un día en la casa donde Bimba y Lola diseña su globalidad