Con música, magosto e inchables
O concello de Bueu prepara as festas de San Martiño
A maioría das actividades terán lugar na carpa do aparcadoiro de As Lagoas

Un momento nunha das actuacións musicais nas festas de San Martiño de 2023. / Cedida
Música, teatro, magosto, xogos tradicionais e inchables, constitúen as apostas do Concello para unhas festas de San Martiño variadas e diversas, que se desenvolverán durante os días 9, 10 e 11 de novembro.
O programa arrincará o sábado 9 de novembro na carpa de As Lagoas, onde se poderá gozar de xogos tradicionais e inchables entre as 11.30 e as 13h, e entre as 17h e as 19h. Xa pola tarde, ás 17 h, desenvolverase a XXVII Carreira de San Martiño polas rúas da vila, coa colaboración do Club de Atletismo Corredoiras, e na que poderán participar tanto cativada como persoas adultas. Pola noite, haberá verbena ás 21 h co grupo Puzzle e actuación de Señora DJ na carpa.

A carreira nas Festas do ano pasado. / Cedida
O domingo, a charanga OT animará as rúas da vila a partir das 11h, e a carpa acollerá os xogos tradicionais e inchables co mesmo horario ca o día anterior.
Pola súa parte, ás 12 terán lugar na Igrexa de San Martiño os oficios relixiosos na honra de San Roque coa Coral Polifónica de Bueu, e pola tarde, o Centro Social do Mar acolle o III Concerto de Corais San Martiño de Bueu. Para pechar a xornada, haberá verbena a partir das 20.30 h co Trío Rever e o Grupo Claxxon.

Os inchables e o magosto na edición anterior. / Cedida
E xa o luns, coincidindo coa festividade de San Martiño, haberá animación de rúa a partir das 11h coa Charanga Noroeste e ás 12h os acots relixiosos na honra do Santo. Pola tarde, a partir das 17 h, chega o tradicional magosto popular na carpa. Por último, a orquestra Los Satélites pechará as festas cunha gran verbena a partir das 21 h.
Ademais, durante os tres días de festa, a Asociación Cultural Santos Reis organiza a XXV Mostra de Fotos Antigas, que se poderá ver no adro pequeno da igrexa, e que amosará fotos históricas de paisaxes e xentes de Bueu.
- Una asociación pedirá anular judicialmente la concesión de la Medalla de Galicia a Leonor
- Muere un septuagenario de Moaña al caer del bote en el que pescaba frente a Meira
- Nuevo hito mundial de Cardiología del Chuvi: estrena técnica para la estenosis aórtica
- Atan, golpean y roban a un nonagenario mientras dormía en su casa de Coruxo
- El grupo de israelíes expulsado por un hostelero de Vigo: «Le dijimos que estaba manipulado por los medios, que no conoce la verdad»
- Detectan «barbaridades» en las embarcaciones de recreo
- Cola desde las 4:30 horas para lograr entradas para el concierto de The Black Keys en Castrelos
- Leo Caldas vuelve a la acción